Información importante sobre cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
¿Seguro que quieres cerrar la sesión?
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
Conforme ás alíneas c) e d) do artigo 10.2 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, o acto ou resolución de creación dunha sede electrónica determinará a identificación do seu titular así como do órgano ou órganos encargados da xestión e dos servizos postos a disposición nela.
A Sede electrónica da Secretaría de Estado da Seguridade Social creouse no seu día a través da Orde TIN/1459/2010, do 28 de maio, pola que se crea a Sede Electrónica da Secretaría de Estado da Seguridade Social (https://sede.seg-social.gob.es/). En canto ao réxime de responsabilidade da Sede, a citada Orde establece que:
A Sede dispón dos medios necesarios para que o cidadán coñeza se a información ou servizo ao que accede corresponde á propia sede ou a un punto de acceso que non ten o carácter de sede ou a un terceiro. Neste sentido, nas ligazóns da Sede Electrónica indícase se o acceso a eles significa o abandono da propia Sede.