Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Alta Traballadores do Réxime Especial do Mar por conta propia < Volver

A través deste servizo pode solicitar a alta como traballador/a por conta propia no Réxime Especial de Traballadores do Mar dentro do sistema da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Todos os españois que residan en España, e os estranxeiros que residan ou se encontren legalmente en España, sempre que, reúnan os requisitos establecidos para solicitar a alta como traballador por conta propia ou autónomo no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

Que permite realizar

A solicitude de alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.
Se se confirma a solicitude emitirase a resolución de alta en formato PDF, a cal se poderá imprimir e gardar.

Que necesita para realizalo

O solicitante deberá ir enchendo os datos nas pantallas.
Será imprescindible que o/a traballador/a teña asignado Número de Seguridade Social válido.

Hai que ter en conta

Durante o trámite de alta a través deste servizo de momento non está considerada a  posibilidade de achegar documentación complementaria á alta.

A documentación que é necesario achegar para solicitar a alta  detállase para cada caso nos documentos “Instrucións para cubrir  os modelos de alta” segundo o  Grupo de cotización no  que se encontre clasificado  pola súa actividade o  traballador por conta propia. No apartado Documentación adxunta inclúense as citadas instrucións e o Manual de Axuda.

Para  achegar os documentos que se detallan nas instrucións así como para acreditar o cumprimento de requisitos para o acceso a determinados beneficios, unha vez se tramite a alta por este servizo, o solicitante deberá utilizar o servizo Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións (Instituto Social da Mariña) situado na pestana Cidadáns/Réxime Especial do Mar ou ben  o Contestar requirimentos ou presentar documentación relacionada cun documento recibido da Seguridade Social situado no Rexistro electrónico  desta Sede ou ben poderá  acudir presencialmente á Dirección provincial ou local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}