Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Prestacións outorgadas polo Seguro Escolar < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, as prestacións do seguro escolar por Accidente escolar, Enfermidade e/ou Accidente non escolar, Infortunio Familiar e Gastos de enterro, para estudantes en 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Universidades.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A estudantes menores de 28 anos, españois ou estranxeiros, que residan legalmente en España, se encontren matriculados oficialmente nuns determinados estudos,  e que no momento de formalizar a matrícula tivesen aboado a cota do seguro e acrediten un período mínimo de carencia dun ano.

Que permite realizar

  • Realizar a solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar o formulario.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir o/s  modelo/s  de solicitude correspondente/s.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir  e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Os gastos derivados da asistencia sanitaria ao estudante ocasionados nas Comunidades Autónomas que teñen asumida a acción protectora sanitaria do Seguro Escolar non serán obxecto de reembolso nin ao estudante nin aos Centros ou Profesionais Sanitarios. Estas Comunidades Autónomas son:

  • Castela-A Mancha
  • Extremadura
  • Aragón
  • Illas Baleares
  • Cantabria
  • Asturias
  • Canarias
  • País Vasco

Pode atopar a Relación de Centros médicos colaboradores co Seguro Escolar nesta ligazón.

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude cando se trate de prestacións económicas. Se solicita prestacións sanitarias, a provincia de trámite é aquela onde se dispensase a asistencia sanitaria, con independencia da provincia onde figure matriculado o estudante ou a de residencia da unidade familiar.

O apartado de Observacións só se cubrirá cando non se anexe o modelo de solicitude.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

Débese achegar a documentación que acredite que xa non está inmerso en ningunha causa de incompatibilidade que ata o momento lle imposibilitase percibir a prestación.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}