Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Prestación de risco durante a lactación natural < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a certificación médica de risco e a prestación de risco durante a lactación natural cando a xestión corresponde ao INSS.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A traballadoras, en situación de alta, que queiran solicitar a certificación médica de risco  e/ou a prestación por risco durante a lactación natural.

Que permite realizar

  • Realizar a solicitude por Rexistro Electrónico de certificación médica de risco.
  • Realizar a solicitude por Rexistro Electrónico da prestación.
  • No caso de artistas durante os períodos de inactividade poderán realizar a solicitude do subsidio durante o embarazo e a lactación natural mediante este servizo.
  • Descargar e achegar modelo.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir o/os modelo/s de solicitude correspondente/s.
  • No caso de artistas deberán cubrir o/s modelo/s correspondente/s para solicitude de subsidio durante o período de inactividade das artistas embarazadas ou en situación de lactación natural.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir  e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O apartado de Observacións só se cubrirá cando non se anexe un modelo de solicitude, indicando todos os datos necesarios para poder tramitar a prestación.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

Débese achegar a documentación que acredite que xa non está inmerso en ningunha causa de incompatibilidade que ata o momento lle imposibilitase percibir a prestación.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Se accede como apoderado, deberá estar inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

O Instituto Nacional da Seguridade Social adoptará a correspondente resolución que se será emitida por medios exclusivamente electrónicos e estará dispoñible no servizo de Notificacións Telemáticas.

Pode consultar a situación na que se encontra o trámite da prestación solicitada a través do servizo Como vai a miña prestación?

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}