Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións (Instituto Social da Mariña) < Volver

Cerrar

AVISO IMPORTANTE

Se dispón de certificado electrónico ou Cl@ve, por favor, utilíceos para acceder a este servizo. Tamén pode utilizar este servizo mediante representación dunha persoa da súa confianza que dispoña de certificado dixital ou Cl@ve. En ambos os dous casos o servizo facilitaralle un xustificante da súa presentación e rexistro de documentación.

Se é vostede un profesional, ou outro suxeito obrigado a utilizar medios electrónicos, que actúa en representación dun interesado deberá utilizar o servizo desta Sede correspondente ao trámite que desexe realizar accedendo co seu certificado electrónico ou cl@ve. As solicitudes que se presenten a través deste servizo ou sen identificar con cl@ve ou certificado non serán atendidas.

Medidas excepcionais COVID-19:

Excepcionalmente, mentres se manteñan as actuais medidas de contención, pode presentar escritos, solicitudes e comunicacións urxentes e inaprazables a través deste servizo sen identificarse electronicamente, se non dispón de medios para iso.

Teña en conta que, nesta modalidade de envío, o seu escrito ou solicitude non se formalizará no Rexistro Electrónico da Seguridade Social e non se xerará un xustificante do seu envío. Tamén o informamos de que pode ser necesario que contactemos con vostede para acreditar a súa identidade, verificar os datos e documentación remitida ou, no seu caso, requirir documentación adicional.

Para evitar prexuízos aos cidadáns, durante o estado de alarma os prazos para tramitar procedementos referidos a prestacións da Seguridade Social están suspendidos.

Se necesita acceder ao apartado de formularios e modelos, prema aquí.

Recordámoslle a necesidade de facer un uso responsable desta canle para asegurar a adecuada e eficaz prestación do servizo.


Este servizo permite presentar, por Rexistro Electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas ao Instituto Social da Mariña cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos que, en nome propio ou en representación doutra persoa, queiran presentar por rexistro electrónico escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas ao Instituto Social da Mariña cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Dispoñer dun software que lle permita anexar documentación.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro deberá acreditar a representación achegando un documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta. En caso de actuar en nome dunha persoa física, tamén poderá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para completar no apartado “documentación adxunta”.

A provincia de trámite indica a Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña á que vostede quere dirixir a súa documentación.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Ao utilizar o servizo con Certificado Dixital ou Cl@ve, unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF. Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Modelo normalizado de representación ISM (PDF, 1631 Kb) 20/11/2020
Complementary Content
${loading}