Información importante sobre cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
¿Seguro que quieres cerrar la sesión?
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
AVISO
Se non dispón de certificado dixital, nin usuario e contrasinal e Cl@ve pode realizar a solicitude do Ingreso Mínimo Vital a través do servizo Ingreso Mínimo Vital. Sen certificado.
Ademais pode acceder á resposta ás preguntas máis frecuentes sobre esta prestación ou a información sobre os aspectos máis destacados da súa regulación legal.
Sobre o COMPLEMENTO DE AXUDA PARA A INFANCIA:
PODEN SOLICITALO no INSS en imv.seg-social.es as unidades de convivencia que inclúan menores de idade entre os seus membros, cumpran todos os requisitos necesarios para a concesión do ingreso mínimo vital e os establecidos respecto dos límites máximos sobre ingresos computables, patrimonio neto e test de activos.
Se vostede ten dereito ao ingreso mínimo vital recoñeceráselle o complemento xunto coa prestación, sen que sexa necesario que presente unha solicitude independente.
Utilice o mesmo formulario de solicitude se só ten dereito ao complemento de axuda para a infancia.
Ten á súa disposición un Simulador do ingreso mínimo vital co que poderá comprobar se cumpre os requisitos para recibir a prestación do Ingreso Mínimo Vital e coñecer o importe aproximado que lle podería corresponder.
Dispón dun teléfono de información sobre ingreso mínimo vital: 020.
As solicitudes da prestación do ingreso mínimo vital correspondentes a persoas con residencia no País Vasco deberán presentarse unicamente a través do servizo sen certificado dixital.
Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación de Ingreso Mínimo Vital, que se configura como o dereito a unha prestación de natureza económica dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia que carezan dos recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.
A persoas ou unidades de convivencia en situación de risco de pobreza e exclusión social. Estas unidades de convivencia poden ser: Unipersoais, Unidade de convivencia sen menores e unidade de convivencia con menores.
Por favor, lea atentamente esta información para realizar correctamente a solicitude:
O INSS enviará ao domicilio do interesado a resolución da solicitude no prazo máximo de seis meses.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
O acceso a este servizo estará habilitado unicamente cando se identifique como persoa física ou entidade
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Solicitude de Ingreso Mínimo Vital (PDF, 7409 Kb) | 04/02/2025 |
Ingreso Mínimo Vital. Comunicación de varacions. (PDF, 3426 Kb) | 30/04/2025 |
Ingreso Mínimo Vital. Renuncia á Prestación (PDF, 2267 Kb) | 03/02/2025 |
Modelo normalizado de representación (PDF, 2387 Kb) | 29/03/2022 |