Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Ingreso Mínimo Vital < Volver

Cerrar

AVISO

Se non dispón de certificado dixital,  nin usuario e contrasinal e Cl@ve pode realizar a solicitude do Ingreso Mínimo Vital a través do servizo Ingreso Mínimo Vital. Sen certificado.

Ademais pode acceder á resposta ás preguntas máis frecuentes sobre esta prestación ou a información sobre os aspectos máis destacados da súa regulación legal.

Sobre o COMPLEMENTO DE AXUDA PARA A INFANCIA:

PODEN SOLICITALO no INSS en imv.seg-social.es as unidades de convivencia que inclúan menores de idade entre os seus membros, cumpran todos os requisitos necesarios para a concesión do ingreso mínimo vital e os establecidos respecto dos límites máximos sobre ingresos computables, patrimonio neto e test de activos.

Se vostede ten dereito ao ingreso mínimo vital recoñeceráselle o complemento xunto coa prestación, sen que sexa necesario que presente unha solicitude independente.

Utilice o mesmo formulario de solicitude se só ten dereito ao complemento de axuda para a infancia.

Ten á súa disposición un Simulador do ingreso mínimo vital co que poderá comprobar se cumpre os requisitos para recibir a prestación do Ingreso Mínimo Vital e coñecer o importe aproximado que lle podería corresponder.

Dispón dun teléfono de información sobre ingreso mínimo vital: 900 20 22 22.

As solicitudes da prestación do ingreso mínimo vital correspondentes a persoas con residencia no País Vasco deberán presentarse unicamente a través do servizo sen certificado dixital.


Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación de Ingreso Mínimo Vital, que se configura como o dereito a unha prestación de natureza económica dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia que carezan dos recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas ou unidades de convivencia en situación de risco de pobreza e exclusión social. Estas unidades de convivencia poden ser: Unipersoais, Unidade de convivencia sen menores e unidade de convivencia con menores.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude da prestación por Ingreso Mínimo Vital.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Deberá cubrir e achegar o formulario de solicitude que pode encontrar na sección de Documentación adxunta deste servizo.
  • É necesario que a solicitude estea asinada polo solicitante e por todos os compoñentes da unidade de convivencia que aparecen na solicitude. Para iso, debe achegar unha imaxe dalgún documento onde se mostre a súa vontade de solicitar a prestación do Ingreso Mínimo Vital e no que apareza tanto a sinatura do solicitante, coma a de cada un dos integrantes da unidade de convivencia maiores de idade ou menores emancipados que aparecen na solicitude.

    Para iso pode escribir de forma manuscrita nun papel, con letra clara e lexible, este texto ou similar:

     “Sirva este escrito que acompaño á miña solicitude de data...........como acreditación da miña vontade de solicitar o ingreso mínimo vital.

    Asinado:

    Sinatura manuscrita e debaixo nome, apelidos, e número de DNI/NIE. Debe aparecer a sinatura e os datos tanto do solicitante coma de todos os integrantes da unidade de convivencia que aparezan na solicitude.
  • Anexar os documentos necesarios segundo as súas circunstancias e que poderá encontrar na parte final do formulario de solicitude que pode encontrar na sección Documentación adxunta deste servizo.
  • Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Hai que ter en conta

Por favor, lea atentamente esta información para realizar correctamente a solicitude:

  • Pode realizar a solicitude identificándose e asinando utilizando certificado electrónico ou usuario e contrasinal Cl@ve.
  • É importante que no campo provincia indique a provincia onde teña o seu domicilio fiscal.
  • A documentación que debe achegar está indicada ao final do formulario de solicitude.
  • É importante comprobar que a conta corrente na que solicita o pagamento corresponda a unha entidade financeira colaboradora da Seguridade Social. Pode consultalas nesta  ligazón. Localice o segundo bloque de 4 díxitos no IBAN da súa conta bancaria e búsqueo na listaxe Se non aparece, debe indicarnos un código de conta nalgunha entidade financeira da listaxe.
  • Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.
  • É importante e necesario que a solicitude estea asinada polo solicitante e por cada un dos integrantes da unidade de convivencia maiores de idade ou menores emancipados  que aparecen na solicitude. Se utiliza o formulario en pdf e non dispón de impresora e escáner pode asinar na pantalla táctil do seu móbil ou tablet utilizando unha aplicación que o permita. Tamén pode achegar xunto co formulario unha copia do seu DNI/NIE e unha imaxe da acreditación da súa vontade de solicitar a prestación mediante un escrito asinado por vostede e todos os integrantes da unidade de convivencia, indicando baixo a sinatura o nome e apelidos de cada un. Para iso pode copiar de forma manuscrita nun papel, con letra clara e lexible, este texto ou similar:

    “Sirva este escrito que acompaño á miña solicitude de data...........como acreditación da miña vontade de solicitar o ingreso mínimo vital.
    Asinado: “

    e a continuación o nome, apelidos, sinatura manuscrita e número de DNI/NIE do solicitante e, no caso de habelos, o nome, apelidos, sinatura manuscrita” para cada membro da unidade de convivencia.
  • O tamaño máximo para toda a documentación son 10Mb. Por favor, reduza o tamaño e resolucións do que nos envíe o máximo posible para non ter problemas ao achegar a documentación.
  • En caso de non poder achegar toda a documentación dunha única vez, divida a documentación a achegar en dous grupos que non ocupen máis de 10Mb cada un e realice a solicitude en dúas veces. A segunda vez non é necesario que achegue de novo o formulario cuberto, só documentación indicando no campo de alegacións que é un segundo envío e achegando o número de rexistro que lle deu a aplicación ao finalizar o primeiro envío.
  • Se accede con usuario e contrasinal cl@ve, para garantir un maior nivel de seguridade, no momento de asinar a solicitude, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro en Cl@ve.

Próximos pasos

  • Unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF co número de rexistro electrónico asignado.
  • Este número de rexistro que se lle asigna non é o mesmo código (CSV) que se obtén no servizo sen certificado, polo que non é posible consultar unha solicitude no servizo sen certificado co número de rexistro electrónico. Nese caso o sistema indicaralle que a solicitude non existe.
  • Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios. 

O INSS enviará ao domicilio do interesado a resolución da solicitude no prazo máximo de seis meses.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}