Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Alta en convenio especial por Expediente de Regulación de Emprego. < Volver

A través deste servizo, a empresa e, no seu defecto, o traballador poderá solicitar a subscrición dun convenio especial ERE a cargo da empresa por rexistro electrónico, completando o formulario electrónico (que substitúe o modelo TA.0040-ERE). Ademais, a través deste servizo, tanto a empresa coma o traballador poderán solicitar a aplicación do incremento voluntario da base de cotización do convenio especial ERE subscrito (Cláusula Adicional a cargo da empresa ou do traballador).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

  • Empresas que inicien procedementos de despedimento colectivo non incursas en procedemento concursal que inclúan traballadores con 55 ou máis anos de idade que non tivesen a condición de mutualistas o 1 de xaneiro de 1967.
  • Traballadores con 55 ou máis anos afectados por un expediente de regulación de emprego, cando a Empresa non solicite no prazo legalmente establecido a subscrición do convenio especial ERE.
     

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Cubrir os apartados que correspondan á súa situación.
  • Non require achegar o Modelo TA.0040-ERE (PDF), nin o modelo TA.0040-ERE CA.
  • Anexar documentación.

Hai que ter en conta

O feito de cubrir este formulario electrónico substitúe o actual TA.0040-ERE  e TA.0040-ERE CA, en formato PDF.

Se accede con Cl@ve con Cl@ve permanente, para garantir un maior nivel de seguridade neste servizo, a validación do acceso complementarase co envío dun código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder acceder. Para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico remitirase un novo código vía SMS.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios correctamente.

Con carácter xeral, a resolución da solicitude notificarase por correo postal con notificación de recibo.

Para consultar as solicitudes presentadas pode acceder ao servizo:

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}