Información importante sobre cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
¿Seguro que quieres cerrar la sesión?
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
A través deste servizo pode realizar, por Rexistro electrónico, a comunicación de inicio ou finalización da realización dunha actividade laboral.
A persoas que teñan recoñecida unha pensión da Seguridade Social.
Comunicar por Rexistro Electrónico o inicio ou finalización da realización dunha actividade laboral para os efectos da suspensión ou rehabilitación do cobramento da pensión.
Incorporar no formulario de acceso ao servizo a maior cantidade posible de información de que se dispoña.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
Cubrir os datos que se soliciten no formulario conforme as indicacións que aparecen neste.
Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
O acceso a este servizo estará habilitado unicamente cando se identifique como persoa física ou entidade
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Modelo normalizado de representación (PDF, 2387 Kb) | 29/03/2022 |