Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Modificación de datos bancarios e domicilio do pensionista (REM) < Volver

A través deste servizo pode solicitar en nome propio ou en representación doutra persoa, por Rexistro electrónico, a modificación de datos bancarios para o cobramento de pensión ou do domicilio do titular da pensión (exclusivamente para pensionistas).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A pensionistas do Réxime Especial do Mar.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Debe indicar o BIC (Código Internacional do Banco) e tamén o número de IBAN, que é o equivalente ao seu número de conta corrente. Pode encontralo en todos os recibos e comunicacións que lle envía a súa entidade bancaria actualmente.

Se reside no estranxeiro e quere recibir alí o pagamento, debe achegar todos os datos da súa entidade bancaria nese país mediante os correspondentes códigos internacionais.

A Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña correspondente requiriralle os orixinais dos documentos que foren necesarios.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro, deberá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para cubrilo no apartado “documentación anexa”, ou ben achegar calquera outro documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.



Información complementaria Pasarela Dixital Única Europea
Acceso á plataforma de valoración

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}