Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Axuda económica para as caixas de primeiros auxilios a bordo (REM) < Volver

Este servizo permite presentar, por Rexistro Electrónico, as solicitudes para a convocatoria anual de axudas para a dotación das caixas de primeiros auxilios das que han de ir provistos os buques.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Empresarios de embarcacións debidamente rexistradas ou abandeiradas en España, que realicen navegación marítima ou pesqueira, incluídas no ámbito de aplicación do Real decreto 258/1999, do 12 de febreiro, polo que se establecen as condicións mínimas sobre a protección da saúde e a asistencia médica dos traballadores do mar.

Persoas ou entidades que actúen en representación dos anteriores.

Que permite realizar

  • Cubrir e presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico (cando haxa unha convocatoria vixente).
  • Descargar e achegar cuberto o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Anexar copia dos documentos requiridos.
  • Dispoñer dos medios que permitan escanear a documentación para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se actúa como representante legal dunha Entidade deberá utilizar o correspondente Certificado de Representante: de persoa xurídica, de entidade sen personalidade xurídica ou para administradores únicos e solidarios.

Se accede con Cl@ve con Cl@ve permanente, para garantir un maior nivel de seguridade neste servizo, a validación do acceso complementarase co envío dun código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder acceder.

Se actúa en representación do solicitante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

No caso de actuar como apoderado, deberá estar inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

As solicitudes serán tramitadas nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña onde o buque teña asignado o código de conta de cotización.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes emitirase unha proposta de resolución provisional que se notificará aos interesados e, conforme o caso, representantes, concedéndose un prazo de dez días para realizar alegacións.

Examinadas as alegacións aducidas, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución definitiva.  No prazo de quince días dende a proposta de resolución definitiva, o Director do Instituto Social da Mariña ditará resolución motivada, na que se expresará a relación de solicitantes aos que se concede a subvención e a contía concedida, facendo constar, conforme o caso, de xeito expreso, a desestimación do resto das solicitudes.

O aboamento das axudas será realizado na conta corrente que figure na solicitude.

Pode obter información da evolución da súa solicitude na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}