Información importante sobre cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
¿Seguro que quieres cerrar la sesión?
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
Accede á aplicación oficial da Tesourería Xeral da Seguridade Social Aquí poderás realizar trámites de forma gratuíta e consultar información pública e persoal de maneira sinxela.
Entre os servizos máis relevantes utilizando esta app podes:
Consultar e descargar informes de vida laboral e bases de cotización, obter o número da Seguridade Social e xestionar os teus datos persoais.
Consultar información e realizar altas, baixas e modificacións das condicións de traballo autónomo, así como consultar recibos, simular a túa cota e coñecer o resultado da regularización e realizar os trámites necesarios.
Realizar altas, baixas e modificacións na relación coas persoas empregadas no fogar, consultar recibos e simular a cota.
Consultar, apraza, pagar ou fraccionar as débedas á Seguridade Social, obter documentos de pagamento, solicitar devolucións de ingresos e obter certificados de estar ao corrente.
Darse de baixa no censo, manterse de forma voluntaria en alta durante a inactividade e realizar todas as actuacións relacionadas coa regularización de cotas de artistas.
Consultar información persoal, se es alumno en prácticas.
Descarga o tríptico da App
A app Importass Seguridade Social está dispoñible para Apple y Android
Esta aplicación ofrece o acceso, de forma segura, á túa información persoal a través de Cl@ve Permanente, Cl@ave Móbil, SMS e certificado electrónico. Tamén poderás configurar o acceso biométrico do teu dispositivo.
Aprende a utilizar a app Seguridade Social cun titorial paso a paso:
Requisitos técnicos:
Antes de descargar a aplicación debes comprobar a versión do sistema operativo do teu dispositivo móbil. As versións mínimas soportadas pola aplicación son:
Android: Android 8.0 (SDK 26)
iOs: 14,5