Información importante sobre cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
¿Seguro que quieres cerrar la sesión?
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
A configuración e requisitos técnicos varían dependendo do servizo, se se usa certificado dixital e a plataforma tecnolóxica utilizada para o acceso aos servizos. Pódese obter información en detalle na sección de Requisitos Técnicos.
Nas seguintes preguntas desta sección facilítanse en forma de preguntas e respostas os pasos necesarios para a configuración axeitada dos elementos necesarios para o uso da Sede.
Se non coñece que sistema operativo ou versións de Java ten instaladas no seu equipo, pode dirixirse ao Manual de configuración dos navegadores para o uso de sinatura electrónica, nos apartados "SABER SISTEMA OPERATIVO INSTALADO NO NOSO EQUIPO" e "SABER VERSIÓN DE JAVA INSTALADA NO NOSO EQUIPO".
Pode obter a solución a este problema no Manual de configuración dos navegadores para o uso de sinatura electrónica, no apartado "Confiar no sitio Web" para Mozilla Firefox.
Os certificados, ao saír das aplicacións quedan na sesión dos navegadores, polo que para eliminar os datos da sesión e poder entrar na aplicación con outro certificado é necesario pechar todas as ventás do navegador e volver abrilo.
O acceso ao proceso de sinatura require da instalación dun único ámbito de execución Java axeitadamente configurado. Debe asegurarse de que non exista máis dun ámbito instalado porque poderían existir conflitos entre as versións e non funcionar a aplicación. Consultar a sección de requisitos técnicos.
Se ten problemas á hora de asinar, primeiro debe asegurarse de cumprir cos requisitos técnicos de soporte lóxico no equipo, a continuación revise o manual de configuración dos navegadores para o uso de sinatura electrónica que contén a configuración necesaria e os problemas de sinatura máis comúns.
A partir da versión 45 de Google Chrome, lanzada o 1 de setembro de 2015, non é posible habilitar o complemento de Java, polo que non se poderán utilizar os servizos web da Sede Electrónica da Seguridade Social que requiran Java co devandito navegador.
Se utiliza as versións 42, 43 ou 44 de Google Chrome deberá habilitar a funcionalidade de Java para poder utilizar os servizos da Seguridade Social que requiran Java, pode seguir o documento Activación Java en Google Chrome ás versións 42, 43 e 44.
Isto pode acontecer por non ter axeitadamente instalado os controladores do DNIe. Debe ir á páxina www.dnielectronico.es e seguir as instrucións de instalación.
O Certificado de Usuario é un documento dixital que contén, entre outros, datos identificativos dun suxeito ou entidade. Así, o Certificado dixital permite identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas coa garantía de que só o usuario e o seu interlocutor poden acceder a ela.
En función do tipo de solicitante, pódense dividir en:
En función do emisor:
Unha Autoridade Certificadora (AC, en inglés CA) é unha entidade de confianza do emisor e do receptor dunha comunicación. Esta confianza de ambos os dous nunha 'terceira parte confiable' permite que calquera dos dous confíe á súa vez nos documentos asinados pola Autoridade Certificadora, en particular, nos certificados que identifican ambos os dous extremos.
Trátase dun certificado dixital emitido a favor dun suxeito físico (tamén coñecido como certificado de usuario) que vincula o subscritor cuns datos de identidade e sinatura. Subscribe, asina, solicita e custodia as claves da persoa física.
Trátase dun certificado dixital emitido a favor dunha entidade xurídica que poderá ser utilizado cando se admita nas relacións que manteña a devandita persoa xurídica coas administracións públicas ou na contratación de bens ou servizos que sexan propios ou concernentes ao seu xiro ou tráfico ordinario.
Un certificado raíz é un certificado emitido pola Autoridade de Certificación para si mesma. Neste certificado consta a clave pública da Autoridade de Certificación e polo tanto será necesario para comprobar a autenticidade de calquera certificado emitido por ela. É o certificado orixe da cadea de confianza.
Certificado raíz da autoridade de certificación da Seguridade Social, debe ser instalado nos navegadores/java de calquera persoa ou entidade que queira facer uso dos servizos da sede (non é necesario en todos os servizos).
Certificado raíz da autoridade de certificación da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre, adoita vir preinstalado nas distribucións dos navegadores, no caso contrario é necesario instalalo nos navegadores/java de calquera persoa ou entidade que queira facer uso dos servizos da sede. (Non é necesario en todos os servizos aínda que si recomendable para evitar mensaxes de advertencia).
O período de validez varía en función do tipo de certificado e a entidade certificadora. Consultar a entidade certificadora ou nos datos de caducidade do certificado que poden consultarse no almacén de certificados do navegador.
É un proceso que depende da entidade certificadora.
Pode consultalos na lista de certificados admitidos.
Non. Cos Certificados de Persoa Xurídica ou Entidade só se pode acceder a determinados servizos.
Existe unha guía de obtención do certificado na seguinte ligazón.
Dependendo da autoridade certificadora os trámites son distintos, consultar nas páxinas web das distintas autoridades certificadoras. En todas as provincias poden obterse certificados da FNMT-RCM ou DNIe, que serán válidos para os trámites da Sede.
Estes son os pasos nos distintos navegadores.
EXPORTAR CERTIFICADOS INSTALADOS EN INTERNET EXPLORER
O proceso de descarga do certificado depende da entidade certificadora e pode cambiar en función desta. No caso de usar Google Chrome baixo Windows, o proceso de descarga do certificado é igual ao do navegador Internet Explorer posto que comparten o mesmo repositorio de certificados. Consultar as instrucións de descarga de certificados dixitais na páxina web da entidade emisora do certificado.
Si, no caso de ter o certificado almacenado nunha tarxeta criptográfica é suficiente con inserir a tarxeta no outro ordenador. Se o certificado está almacenado no navegador, é necesario exportar o certificado a un ficheiro e posteriormente importar o certificado no navegador do novo ordenador.
Pódese protexer o certificado dixital de dúas formas. A primeira consiste en almacenar o certificado nunha tarxeta criptográfica ou dispositivo seguro (o certificado do DNI electrónico estará almacenado nunha). A outra posibilidade consiste en almacenar o certificado no navegador protexido por un contrasinal especificándoo durante a súa instalación.
Consultar a sección de requisitos técnicos onde se detalla a configuración axeitada para os distintos navegadores.
Débese comprobar que o certificado é admitido pola Seguridade Social, que non está caducado ou revogado e que os datos deste coinciden cos datos de identificación, nome e apelidos que hai na base de datos da Seguridade Social.
Nos servizos nos que estea habilitado o acceso con certificado dixital. Para a correcta instalación e uso do DNI existe unha páxina web na que se explican os requisitos e se facilitan os drivers requiridos: http://www.dnielectronico.es/
As codificacións informáticas son unha serie de códigos alfanuméricos que se basean en datos do informe emitido e un algoritmo matemático, mentres que a sinatura electrónica se basea no uso de certificados dixitais para engadir a un resumo electrónico da totalidade do documento emitido unha clave que só ten o propietario do certificado co que se asina.
Isto acontece porque os formularios PDF están preparados para ser imprimidos, a versión gratuíta do visualizador de ficheiros PDF, Adobe Reader, non permite gardar formularios. Esta característica só está incluída na versión Profesional Adobe Acrobat Pro. Se non dispón desta versión existen outras formas de anexar o formulario, son:
Os certificados do DNIe non son exportables a ficheiro por razóns de seguridade, é necesario facer uso do soporte físico (tarxeta DNIe).
Pode consultar a listaxe de oficinas de rexistro da Seguridade Social, unicamente para persoas físicas.
A través da páxina de IZENPE consultar os puntos de atención ao público onde obter o certificado.
Os servizos aos que se pode acceder actualmente co certificado de Persoa Xurídica están detallados na Lista de servizos accesibles con certificados de persoa xurídica ou representante.
Si. No almacén de certificados pódense almacenar varios certificados persoais, hai que ter especial coidado que ao realizar os trámites se usa o certificado correcto, tanto en identificación coma en sinatura.
Nalgúns trámites esta mensaxe prodúcese para reiterar a comprobación dos datos, antes de que estes se asinen e envíen.
É posible que se anexase documentación superior a 10 |Mb ou algún problema coa conexión Internet.
Os informes que se xeran "on line" nos servizos con certificado dixital, servizos SMS ou servizos vía usuario/contrasinal na Sede Electrónica teñen o formato PDF e para a súa correcta visualización é necesario ter instalado un visor de PDF, así como permitir as ventás/pestanas emerxentes. Débese comprobar que o software está instalado e que non existen programas bloqueadores de elementos emerxentes.
Tamén é posible que a descarga do informe PDF estea na carpeta de descargas do navegador, débese comprobar esta carpeta.
Débese comprobar que o certificado é admitido pola Seguridade Social e que os datos deste coinciden cos datos de identificación, nome e apelidos coinciden cos que hai na base de datos da Seguridade Social.