Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Prestación por corresponsabilidade no coidado do lactante (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación por corresponsabilidade no coidado do lactante no Réxime Especial do Mar, para gozar do período de descanso laboral correspondente á redución da xornada de traballo en media hora que, de acordo co previsto no parágrafo cuarto do artigo 37.4 Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, leven a cabo coa mesma duración e réxime os dous proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente, cando ambos os dous traballen, para o coidado do lactante dende que cumpra nove meses ata os doce meses de idade.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Ás persoas que queiran solicitar, en nome propio ou en representación doutra persoa, a prestación por corresponsabilidade no coidado do lactante prevista para as persoas traballadoras do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña correspondente requiriralle os orixinais dos documentos que foren necesarios.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro, deberá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para cubrilo no apartado “documentación anexa”, ou ben achegar calquera outro documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude e notificación desta ao interesado e, conforme o caso, ao seu representante.

Pode obter información da evolución da súa solicitude na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}