Información importante sobre cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
¿Seguro que quieres cerrar la sesión?
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
A través deste servizo poderá obter e/ou consultar on-line un informe no que se recolle o seu historial como afiliado á Seguridade Social, con indicación dos Réximes nos que figurou en alta e dos períodos que xeraron dereito á aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación, así como o cálculo do coeficiente redutor que lle corresponde á data da súa obtención.
Cidadáns que xerasen algún período de coeficiente redutor da idade de xubilación ao longo da súa vida laboral.
Non é necesario achegar ningún documento adicional para a súa tramitación.
Os datos introducidos no formulario deben coincidir cos existentes nas nosas bases de datos. Se non son coincidentes, non será posible obter o informe.
Pode consultar on-line o cálculo de COE e obter e/ou imprimir o informe de COE.
Este informe ten carácter meramente informativo, polo que non xera dereitos nin expectativas de dereito ao seu favor. Se comproba que algún dato que aparece non é correcto ou desexa realizar algunha aclaración, pode dirixirse á Dirección Provincial ou Local do ISM máis próxima ao seu domicilio. Calquera modificación das súas situacións de vida laboral pode alterar o contido desta información.
O certificado obtido consiste nun ficheiro .pdf, do que se poden obter copias imprimidas e no cal figura o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) co que pode comprobar a súa autenticidade acudindo ao Servizo de Verificación de Integridade Documental.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física