A quen vai dirixido
Titulares de débedas coa Seguridade Social, xa sexan cidadáns ou empresarios.
Que permite realizar
A través deste servizo poderá pagar con tarxeta de crédito ou débito os seguintes tipos de débeda:
- Liquidacións de débeda,
- Reclamación de débeda,
- Acta de liquidación,
- Providencia de constrinximento,
- Expediente de constrinximento,
- O importe das cotas inaprazables referidas a expedientes de aprazamentos e tamén aqueles importes correspondentes polo menos a un terzo da débeda aprazable nos aprazamentos inferiores a 250.000 euros que queden exentos de constituír garantía pola aplicación do artigo 33.4.b) do Regulamento Xeral de recadación da Seguridade Social.
- Fraccionamento de reintegro de prestacións indebidas.
Ao finalizar o pagamento, obterá un xustificante que producirá os mesmos efectos que se o ingreso se tivese realizado na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
A utilización deste servizo é totalmente gratuíta, sen ningún tipo de comisión ou cargo engadido.
Que necesita para realizalo
- Documento de débeda ou documento de ingreso. É necesario para indicar o número de referencia ou expediente e o número de conta que figura no documento.
- Tarxeta bancaria de crédito ou débito e os seus correspondentes datos de seguridade (clave, PIN, etc.).
Hai que ter en conta
Cando se cubra a totalidade dos datos obrigatorios para realizar o pagamento, así como o importe a que ascende este, debe premer o botón "Realizar o pagamento", que aparece na parte inferior da pantalla.
Co fin de garantir a seguridade da operación, requiriráselle introducir os datos esixidos pola entidade emisora da súa tarxeta (clave secreta remitida por SMS ao dispositivo móbil de titular, PIN+NIF do titular, CIP ou clave secreta de identificación persoal proporcionada pola entidade financeira emisora da tarxeta ao titular desta)".
- É necesario que se asegure de que accede ao enderezo de pagamento correcto "https://mediospago.bbvanexttechnologies.com:444/", co fin de garantir a seguridade no acceso a este servizo.
- Requisitos para o pagamento: deben consignarse obrigatoria e correctamente os seguintes datos:
- Apelidos e nome do debedor/debedora ou razón social da empresa debedora.
- NIF/NIE do debedor/debedora.
- Número de referencia do expediente.
- Número de conta/IBAN: deberán figurar todos os díxitos da conta que consten anotados no documento de débeda ou de ingreso. Posteriormente deberá verificar que coinciden os datos en pantalla cos do documento de débeda ou de ingreso.
- Xustificante de pagamento: unha vez concluída a operación de pagamento, aparecerá en pantalla un recibo da transacción levada a cabo que será o xustificante do pagamento realizado. Non esqueza imprimilo ou gardalo en soporte PDF.
O xustificante producirá para os responsables do pagamento os mesmos efectos que se o ingreso se realizase na Tesourería Xeral da Seguridade Social con calquera outro medio de pagamento e, en consecuencia, quedarán liberados para con esta, na data en que o diñeiro teña entrada na conta restrinxida da Tesourería Xeral da Seguridade Social, polo importe que figure no devandito xustificante. O debedor a quen se expedise o correspondente xustificante de pagamento poderá solicitar da TGSS, e esta deberá expedir, certificación acreditativa do pagamento efectuado.
No xustificante de pagamento expedido detallarase a seguinte información:
- Conta de ingreso/IBAN: número da conta en que se efectuou tal pagamento.
- Apelidos e nome do debedor/debedora ou razón social da empresa debedora.
- NIF/NIE do debedor/debedora.
- Número de referencia ou do expediente.
- Identificación da transacción. Código numérico único que identifica cada unha das operacións de pagamento realizadas e serve para realizar o seguimento e control destas.
- Cantidade: é o importe ao que ascende o pagamento realizado con tarxeta de débito ou de crédito.
- Data e hora: día no que se realiza a operación de pagamento coa expresión da hora, minuto e segundo en que se produciu.
- Resultado da operación: cando a operación conclúe de forma satisfactoria, no xustificante de pagamento aparecerá tal cal a seguinte información: "O pagamento realizouse correctamente".
- Efecto de pagamento: O pagamento efectuado mediante tarxeta de débito ou de crédito entenderase realizado na data en que os fondos teñan entrada na conta restrinxida da Tesouraría Xeral da Seguridade Social consignada ao efectuar o ingreso. Como regra xeral, entre as 24 e as 48 horas seguintes á execución correcta da operación no terminal de conexión.
Se por algunha circunstancia o ingreso correspondente ao pagamento efectuado con tarxeta de débito ou de crédito se producise transcorridas 48 horas, o pagamento entenderase realizado na data en que tal ingreso teña entrada na conta restrinxida da Tesouraría Xeral da Seguridade Social consignada no momento da realización do pagamento.