Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Solicitude Simplificada de prestacións por desemprego (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a continuación das prestacións, a prórroga do subsidio de desemprego, a compatibilidade da percepción dunha prestación ou un subsidio co traballo a tempo parcial, ou o dereito de opción, sempre que non variasen os familiares ao seu cargo, as súas rendas ou as dos membros da súa unidade familiar dende a última solicitude.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores por conta allea do Réxime Especial do Mar ou aos apoderados/representantes destes.

Que permite realizar

  •  
  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar cuberto o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  •  
  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun software que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña correspondente requiriralle os orixinais dos documentos que foren necesarios.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro, deberá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para cubrilo no apartado “documentación anexa”, ou ben achegar calquera outro documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude e notificación desta ao interesado e, conforme o caso, ao seu representante.

Pode obter información da evolución da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

O acceso a este servizo estará habilitado unicamente cando se identifique como persoa física ou entidade

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}