Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Asistencia sanitaria. Solicitude de recoñecemento do dereito (como titular) < Volver

Este servizo permite solicitar o recoñecemento do dereito como titular á asistencia sanitaria.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que precisan solicitar, en nome propio, como representante ou apoderado, o recoñecemento á asistencia sanitaria como titulares, e non sexan xa beneficiarios.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico de recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria en representación como titular.
  • Tamén é posible, no mesmo modelo, solicitar o recoñecemento do dereito dos beneficiarios que non o teñen, indicándoos no apartado correspondente
  • Descargar e achegar o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir a solicitude e gardala para poder anexala.
  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A solicitude foi inicialmente deseñada para a súa presentación en soporte papel ante a Dirección Provincial do INSS, polo que encontrará referencias que non corresponden á vía telemática.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

No caso de apoderados, deberán estar inscritos no Rexistro Electrónico de Apoderamentos.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude. As observacións só se cubrirán cando non se anexe un formulario de solicitude.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

O acceso a este servizo estará habilitado unicamente cando se identifique como persoa física ou entidade

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}