Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Pensión de viuvez. Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais. < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, unha pensión de viuvez ao abeiro dos Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que queiran solicitar pensión de orfandade, nos casos en que ao causante falecido lle fosen de aplicación os Regulamentos Comunitarios ou un Convenio Bilateral de Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

A solicitude foi inicialmente deseñada para a súa presentación en soporte papel ante a Dirección Provincial do INSS, polo que encontrará referencias que non corresponden á vía telemática.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude. As observacións só se cubrirán cando non se anexe un formulario de solicitude.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Supervivencia (UE) (0.PDF, 4666 Kb) 13/09/2021
Supervivencia (CB/CMISS) (PDF, 4882 Kb) 21/04/2022
Modelo normalizado de representación (PDF, 2387 Kb) 29/03/2022
Complementary Content
${loading}