Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Obter cita previa para traballadores do mar (Instituto Social da Mariña) < Volver

Cerrar

IMPORTANTE

Este servizo de cita previa NON É PARA XESTIÓNS RELACIONADAS CO INGRESO MÍNIMO VITAL, é só para xestións co Instituto Social da Mariña por ser vostede un traballador do mar. Se pide cita para o Ingreso Mínimo Vital neste servizo ou non é vostede un traballador do mar, NON PODERÁ SER ATENDIDO e impedirá que outro cidadán poida realizar a súa xestión no Instituto Social da Mariña. Por favor, sexa responsable.
 
Se o desexa tamén pode obter cita previa de forma telefónica a través dos seguintes teléfonos, con horario de atención de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas.

Para acceder ás oficinas aconséllase obter unha cita previa. Non obstante, poderáselle atender sen cita se existe dispoñibilidade ou ten unha necesidade urxente.

Con este servizo pódese obter cita previa para realizar trámites nas oficinas abertas para atención ao público do Instituto Social da Mariña (ISM).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A todos os cidadáns que desexen obter cita previa para os trámites que xestiona o Instituto Social da Mariña.

Que permite realizar

Obter cita previa para os trámites que xestiona o Instituto Social da Mariña.

Que necesita para realizalo

Completar a información que o formulario electrónico vai solicitando.

A ter en conta

Se o que desexa é obter cita para realizar un recoñecemento médico de embarque marítimo debe facelo a través do servizo específico para a devandita cita.

Lembre que, ademais de nas oficinas, podemos atendelo en:

  • Canle telemática (servizos dispoñibles as 24h os 365 días do ano)
  • Telefonicamente nos teléfonos das direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña que figuran no Directorio de oficinas da Seguridade Social.
  • Para cubrir o formulario de forma correcta, debe ter en conta:
    • Os campos marcados con * son obrigatorios.
    • O formulario para “Obter cita previa” consta de varios pasos nos que se requiren os datos necesarios para concertar a cita.
    • Debe seleccionar o servizo que mellor se adapte o motivo polo que quere acceder ás nosas oficinas.
    • Se na oficina onde desexa ser atendido non consegue cita previa, pode concertar a súa visita a outro centro do Instituto Social da Mariña.

Próximos pasos

Recibirá un aviso cos datos da súa cita.
Unha vez obtida a cita, debe acudir ao centro seleccionado o día e a hora indicados.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

O acceso a este servizo estará habilitado unicamente cando se identifique como persoa física

Complementary Content
${loading}