Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social. < Volver

Cerrar

As solicitudes de aprazamento das cotizacións á Seguridade Social correspondentes ás empresas e traballadores autónomos que teña asignados o Autorizado RED deberán presentarse unicamente a través deste servizo.


Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, o aprazamento das cotas ou débedas contraídas coa Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas responsables do pagamento da débeda contraída coa Seguridade Social que teñan dificultades transitorias de tesouraría.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Anexar a documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir os datos solicitados no formulario.
  • Anexar  os documentos que se detallan neste.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A solicitude poderase presentar en calquera momento dende que se inicia o prazo regulamentario de ingreso da débeda que se trate.

O período total de aprazamento non poderá exceder de 5 anos.

Tratándose de empresario persoa física, será dabondo con presentar unha solicitude nun único formulario para os efectos de incluír no aprazamento, tanto das débedas como traballador autónomo, como as de empresa.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.


Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

A Administración ditará e notificará a resolución no prazo de 3 meses naturais dende a recepción da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}