Contenido principal

Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións (Tesourería Xeral da Seguridade Social) < Volver

Cerrar

AVISO IMPORTANTE

Se dispón de certificado electrónico ou cl@ve, por favor utilíceos para acceder a este servizo. Tamén pode, excepcionalmente e mentres se manteñan as medidas de contención do COVID19, presentar escritos, solicitudes e comunicacións a través deste servizo sen identificarse electronicamente. Revise a descrición deste servizo en “Sobre este trámite”. Neste caso o seu escrito non se formalizará no Rexistro Electrónico da Seguridade Social e pode ser necesario que se lle requira para acreditar a súa identidade ou verificar a documentación e datos remitidos.

O Autorizado RED debe presentar as solicitudes das empresas, traballadores autónomos e empregadores de fogar que teña asignados, a través do Sistema RED agás as solicitudes de aprazamentos das cotizacións á Seguridade Social ou a presentación de documentación relativa ás devanditas solicitudes, que deberá realizarse exclusivamente  no rexistro electrónico da Seguridade Social a través do  servizo de Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social” ou “Contestar requirimentos ou presentar documentación relacionada cun documento recibido da Seguridade Social respectivamente. Fóra destes supostos non se tramitarán as solicitudes que presente o Autorizado por canle distinta do Sistema RED.


Este servizo permite presentar por rexistro electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas á Tesourería Xeral da Seguridade Social cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos que, en nome propio ou en representación doutra persoa, queiran presentar por rexistro electrónico escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas á Tesourería Xeral da Seguridade Social  cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Anexar documentación dirixida á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Que necesita para realizalo

  • Anexar a documentación que queira enviar.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A provincia de trámite indica a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social á que vostede quere dirixir a súa documentación.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

Servizo extraordinario por situación de alarma sen certificado (Covid-19):

Se necesita realizar unha solicitude urxente e inaprazable, cubra todos os campos do formulario web:

  • Para persoas físicas: DNI/NIE, empresas: CIF ou outro, en caso de dispoñer doutro documento de identificación.
  • Nome e apelidos.
  • Asegúrese de cubrir de forma correcta o seu número de teléfono e correo electrónico para que poidamos contactar con vostede e xestionar calquera incidencia que se produza coa súa solicitude ou comunicación.
  • Entidade á que dirixe a comunicación: Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • A provincia de trámite: indica a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social á que dirixe o seu escrito ou solicitude.
  • Elixa o asunto ao que fai referencia a súa solicitude ou comunicación.
  • Expoña a súa solicitude ou comunicación.
  • Anexe a documentación acreditativa (máximo 10Mb). Os formularios e modelos oficiais están accesibles a través da seguinte ligazón. Se a documentación é anexada con éxito aparecerá un cadro indicando que o proceso se completou ao 100%.
  • Importante: Se formula unha solicitude non esqueza enviar copia do seu DNI ou documento identificativo.
  • Cubra a pregunta de seguridade e prema continuar. Se o proceso se completa con éxito aparecerá un aviso na parte superior da pantalla.

Recomendacións:

  • Por favor, remita toda a documentación relativa á súa solicitude  nun único envío, para facilitar o trámite da súa solicitude.
  • Teña en conta que traballamos para reducir o impacto das medidas de contención do COVID–19 na nosa xestión, non obstante, a nosa capacidade de resposta pode verse afectada. Por iso é necesaria a súa colaboración para facilitar a xestión desta canle extraordinaria.
  • Por favor, non formule consultas sobre o estado da súa solicitude por esta canle. O noso persoal poñerase en contacto con vostede se necesita realizar algunha comprobación ou solicitar algunha documentación adicional.
  • Para un axeitado funcionamento desta vía extraordinaria de presentación de solicitudes e comunicacións  é indispensable a súa colaboración e o uso responsable dos servizos públicos. Moitas grazas pola súa colaboración.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Se está a utilizar o servizo con certificado dixital ou cl@ve, unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF. Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

No caso de utilizar o servizo sen certificado, non se xera ningún xustificante da súa solicitude ou comunicación, nin a súa solicitude se incorporará ao Rexistro electrónico. Esta comunicación chegará á Dirección Provincial que seleccionase e alí a xestionarán segundo a prioridade que se estableza. Neste caso, pode ser necesario que contactemos con vostede para acreditar a súa identidade, verificar os datos e documentación remitida ou, se é o caso, requirir documentación adicional.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Complementary Content
${loading}