Contenido principal

Prestación por incapacidade temporal (pagamento directo) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación de incapacidade temporal en pagamento directo polo INSS.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A traballadores, en situación de incapacidade temporal.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir  e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A provincia de trámite é aquela onde teña a súa residencia o traballador.

O apartado de Observacións só se cubrirá cando non se anexe o modelo de solicitude.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres enche a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Consultar a situación na que se encontra o trámite da prestación solicitada a través do servizo Como vai a miña prestación?

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Solicitude de incapacidade temporal (PDF, 1672 Kb) 26/02/2020
Solicitude de abono da incapacidade temporal para procesos de mais de 365 días (PDF, 1920 Kb) 27/02/2020
Certificado de empresa para la solicitud de incapacidad temporal (PDF, 560 Kb) 16/07/2020
Certificado de empresa. Sistema especial para traballadores por conta allea agrarios do RG (PDF, 1813 Kb) 31/08/2020
Certificado do empregador para solicitudes de traballadores do Sistema especial de empregados do fogar (PDF, 2462 Kb) 16/07/2020
Certificado de empresa para solicitud de IT de jubilados parciales (PDF, 2225 Kb) 18/02/2020
Certificado empresa de situación laboral trabajador, para supuestos art.170.2 de la Ley General de la Seguridad Social (PDF, 1539 Kb) 19/02/2020
Declaración da situación da actividade-Conta propia ou autónomos (PDF, 624 Kb) 25/08/2020
IRPF Comunicación de datos (PDF, 1291 Kb) 10/01/2018
Declaración persoal de fillos a cargo do solicitante da prestación de incapacidade temporal (PDF, 2070 Kb) 03/09/2020
Manifestación de desconformidade coa alta médica emitida polo INSS (PDF, 2880 Kb) 15/09/2020
Solicitude de revisión da alta médica por continxencias profesionais, emitida pola Mutua ou Empresa Colaboradora. (PDF, 2175 Kb) 15/09/2020
Solicitude reintegro prestación de IT aboada en pagamento delegado, non deducida en boletíns cotización (PDF, 528 Kb) 29/12/2015
Solicitude determinación da continxencia de IT (PDF, 2262 Kb) 31/08/2020
Modelo normalizado de representación (PDF, 1452 Kb) 17/06/2020
Complementary Content
${loading}