Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
A través deste servizo o cidadán que dispoña de código de activación pode crear o seu propio contrasinal e activar o seu usuario.
A quen vai dirixido
Todos os cidadáns que desexen acceder aos servizos electrónicos dispoñibles mediante o tipo de autenticación de Cl@ve permanente (usuario e contrasinal).
Que permite realizar
Mediante este servizo o cidadán pode activar o seu usuario de Cl@ve Permanente e crear o seu propio contrasinal de acceso.
Que necesita para realizalo
Para a activación do usuario de Cl@ve Permanente débese acceder ao servizo de Activación de usuario onde se pedirá que se introduza o usuario (DNI ou NIE), o enderezo de correo electrónico (como dato adicional de contraste) e o código de activación que se subministrou no acto de rexistro. Para achegar máis seguridade ao proceso, tamén se realiza unha sinxela pregunta de comprobación de que se está a tratar cunha persoa física (captcha).
Se os datos son correctos, o sistema enviará ao usuario unha SMS cun código numérico dun só uso (One Time Password, OTP) que deberá teclear no campo do formulario correspondente. Se é correcto, o sistema permitirá establecer o contrasinal que se prefira, sempre que cumpra cunhas características mínimas de seguridade. Este contrasinal será o que se deberá utilizar de agora en diante cada vez que un servizo de administración electrónica o solicite.
Hai que ter en conta
Todos os campos marcados con (*) son obrigatorios.
O contrasinal debe cumprir unha serie de condicións mínimas:
Se se introduce erroneamente o código de activación máis de 5 veces, o sistema informará diso e deseguido bloquearao. Neste caso será necesario xerar un novo código de activación presencialmente en calquera oficina de rexistro ou telematicamente con certificado electrónico.
Se se introduce mal o código OTP máis de 3 veces avísase diso e deberase empezar de novo dende o principio o servizo de Activación de usuario.
Se se ten calquera problema con este servizo, débese contactar co 060.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.