Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
Servizo de verificación da sinatura dixital nos ficheiros asinados por este sistema.
A todos os cidadáns.
Verificar a autenticidade e integridade de ficheiros asinados con certificados xerados pola Seguridade Social en formatos PDF, XAdES, CAdES e PKCS#7.
O obxectivo do servizo de verificación de sinaturas e certificados é a comprobación das sinaturas electrónicas dos documentos emitidos pola Seguridade Social, de forma que calquera cidadán poida verificar a autenticidade e integridade destes.
O servizo ofrécese para verificar ficheiros asinados con certificados xerados pola Seguridade Social (formatos PDF, XAdES, CAdES e PKCS#7). Pódense validar, polo tanto, ficheiros asinados con certificados SILCON e con certificados emitidos pola Autoridade de Certificación da Xerencia de Informática da Seguridade Social (ACGISS), en concreto, certificados de selo electrónico de actuación administrativa automatizada e de empregado público. Así mesmo, valídanse os selados de tempos asociados aos documentos, para aqueles casos nos que se necesite comprobar a data en que se realizou cada unha das sinaturas.
No caso dos documentos PDF xerados pola Seguridade Social, tamén pode validar a sinatura dende o seu ordenador. Para iso é necesario configurar previamente o medio de Adobe Acrobat Reader para confiar no certificado raíz da Autoridade de Certificación da Seguridade Social, polo que se facilitan as Instrucións para a verificación de documentos PDF asinados electronicamente.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Instrucións para a verificación de documentos PDF asinados electronicamente (PDF, 1211 Kb) | 16/05/2017 |