Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
Z6_31641901LG0IE0AUMKU93Q30P5Z6_31641901LG0IE0AUMKU93Q3091/wps/portal/sede/sede/Inicio/SugerenciasyquejasSugerencias y Quejasglltr/Sede/Inicio/Sugerencias y Quejas
{}
Contenido principal
Z7_31641901L00100AUEGGNN02000ltresVisor de contenido web
Os formularios de suxestións e queixas teñen por obxecto recoller as iniciativas presentadas para a mellora da calidade e, tamén, as manifestacións de insatisfacción dos cidadáns cos servizos prestados pola Administración da Seguridade Social.
A normativa básica na que se regulan os formularios de queixas e suxestións recóllese no Regulamento (UE) 2016/679 e na Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais).
A quen vai dirixido
A todos os cidadáns.
Que permite realizar
Accédese con certificado dixital (persoa física/ persoa xurídica ou entidade)
Presentar en liña unha Suxestión ou Queixa
Para a súa entrega presencial ou por correo postal
Vía presencial, en todas as Oficinas e Centros de Atención da Seguridade Social abertos ao público, así como nos rexistros xerais e auxiliares de recepción ou saída de documentos dos Servizos Centrais, Direccións Provinciais e outras unidades periféricas dos distintos Organismos e Entidades da Seguridade Social. A súa existencia estará sinalizada de forma visible e a súa situación será accesible para facer posible a súa localización e uso polos cidadáns.
Vía postal, onde se fará constar o nome, apelidos e domicilio, co fin de remitirlle a copia correspondente así como a contestación.
Que necesita para realizalo
Cubrir o formulario.
Para a súa entrega presencial, poderanse obter tantas copias en branco como se considere oportuno para cubrilo de forma manual ou escribir os datos requiridos e seguidamente obter o número de copias desexado (recoméndase a obtención de 4 copias para que unha delas sexa selada na oficina de presentación).
Hai que ter en conta
As queixas formuladas non terán en ningún caso a cualificación de recurso administrativo e a súa interposición non paralizará os prazos establecidos na normativa vixente.
A presentación dunha queixa non condiciona, de ningunha maneira, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan executar os que figuren nel como interesados.
Próximos pasos
Recibido o formulario, a Unidade Responsable correspondente deberá informar o cidadán no prazo de 20 días hábiles. O transcurso do devandito prazo poderase suspender no caso de que deba requirirse ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, formule as aclaracións necesarias para a correcta tramitación da suxestión ou queixa.
Se transcorrido o prazo non se tivese obtido ningunha resposta, o interesado poderá dirixirse á Inspección Xeral de Servizos do Organismo onde presentou a suxestión ou queixa, co fin de coñecer os motivos que orixinaron a falta de contestación e para que a devandita Inspección propoña, se é o caso, aos órganos competentes a adopción das medidas oportunas.