Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Certificados electrónicos

En todos os casos é necesario revisar previamente os requirimentos indicados no apartado Requisitos xerais e no manual de configuración do navegador co que se quere realizar o acceso.

Certificado Electrónico

Para acceder aos servizos electrónicos que ofrecen este método de autenticación, será necesario dispoñer dun certificado electrónico cualificado admitido pola Seguridade Social.

Cl@ve

Cl@ve é unha plataforma de verificación de identidades electrónicas para a identificación e autenticación dos cidadáns. Permite identificarse ante as Administracións Públicas con plenas garantías de seguridade.

Modalidades de acceso

A plataforma de Cl@ve admite varias posibilidades de acceso:

  • Certificado electrónico cualificado.

  • Cl@ve Móbil: Sistema de acceso electrónico aos servizos públicos que permite ao cidadán autenticarse no trámite que estea a realizar na Sede Electrónica. O sistema ofrece a novidade de permitir escanear un código QR que evita ao usuario a necesidade de incorporar os seus datos identificativos na pantalla de acceso. Se non pode escanear o código QR poderá confirmar a petición de autenticación que lle chegará á APP Cl@ve.

  • Cl@ve permanente, de validez duradeira no tempo, pero non ilimitado, orientado a usuarios habituais. Correspóndese co sistema de acceso mediante usuario e contrasinal. Este sistema será ademais o que permitirá o acceso á sinatura na nube.

Rexistro en Cl@ve

Para poder utilizar Cl@ve Móbil ou Cl@ve permanente, é necesario rexistrarse previamente no sistema a través de Internet ou presencialmente en calquera Oficina de Rexistro Cl@ve. Debe terse en conta ademais que determinados servizos da Administración da Seguridade Social poden requirir un rexistro avanzado en cl@ve polo que non é suficiente o rexistro a través de internet sen certificado. Para máis información sobre o proceso de rexistro e o seu uso pode consultar a páxina oficial de Cl@ve

O acceso mediante certificado electrónico cualificado a través da plataforma Cl@ve non require rexistro previo.

Vía SMS

Na Sede existen algúns procedementos que se poden realizar mediante o uso dunha contrasinal temporal facilitado vía SMS ao seu teléfono móbil. Acceda á listaxe.

Para comunicar o seu número de teléfono móbil á Seguridade Social, pode facelo no seguinte servizo Cambio e comunicación de teléfono e correo electrónico. Este servizo require autenticación mediante certificado dixital ou Cl@ve permanente. Se non dispón destes métodos de autenticación, pode enviar unha solicitude.

Complementary Content
${loading}