Contenido principal

Certificados Dixitais

Requisitos por tipo de acceso

En todos os casos é necesario dispoñer da configuración indicada nos requisitos xerais de acceso á Sede.

Certificado Dixital

Será necesario dispoñer dun certificado dixital incluído na lista de certificados admitidos.  No caso de que este certificado non se obtivese nunha oficina da Seguridade Social, os datos identificativos do certificado dixital deben coincidir cos que a Seguridade Social teña.

Existen unha serie de procedementos susceptibles de tramitación por Rexistro electrónico para cuxo acceso é necesario dispoñer dun DNI Electrónico ou outro certificado dixital recoñecido incluído na lista de certificados admitidos e ter configurado o navegador para o uso de funcionalidades de sinatura electrónica.

O Rexistro Electrónico permite a presentación electrónica de escritos, solicitudes e comunicacións respecto aos trámites e procedementos que se detallan na resolución adxunta. A presentación de información non relacionada cos procedementos aprobados legalmente non producirá ningún efecto e terase por non realizada.
Para utilizar os servizos con Rexistro Electrónico unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (Zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato pdf e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente. Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizando outros medios.

Vía SMS

Para acceder é necesario ter comunicado á Tesouraría Xeral da Seguridade Social un número de teléfono móbil para os efectos de comunicacións, mediante o servizo Comunicación de teléfono e correo electrónico, ou dirixíndose a unha Administración da Seguridade Social.

Unha vez acceda, mostrarase unha pantalla para cubrir os datos identificativos. Os datos que se lle solicitan no formulario de autenticación deberán coincidir exactamente cos rexistrados na Base de Datos da Seguridade Social. Se algún dos datos non coincide, mostraráselle unha mensaxe informativa advertíndolle desta circunstancia. A continuación recibirá unha mensaxe SMS no seu teléfono móbil cun contrasinal, válido por un curto período de tempo, que deberá introducir e que lle dará acceso ao servizo solicitado. Para máis información pode consultar o seguinte manual.

Complementary Content
${loading}