Contenido principal

Renuncia ou rexeitamento de apoderamentos < Volver

A través deste servizo un apoderado pode renunciar ou rexeitar poderes que teña outorgados no rexistro de apoderamentos.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas físicas ou persoas xurídicas a cuxo favor se outorgase un poder e así conste no rexistro de apoderamentos da Seguridade Social.

Que permite realizar

Permite ao apoderado renunciar ou rexeitar  poderes específicos que fosen outorgados ao seu favor  para actuar no ámbito da Seguridade Social.

O rexeitamento prodúcese pola non aceptación do poder outorgado.

A renuncia prodúcese tras a aceptación dun poder cando xa non se desexa manter a representación outorgada ao seu favor.

Que necesita para realizalo

Dispoñer de poderes no rexistro que sexan susceptibles de renuncia ou rexeitamento, é dicir, aqueles que figuren inscritos e cuxo prazo  de vixencia non finalizase.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Manual del nuevo modelo de registro electrónico de apoderamientos (PDF, 9648 Kb) 04/03/2021
Complementary Content
${loading}