Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Achega de nova documentación, seguimento e consulta de solicitudes presentadas por Rexistro dirixidas á Tesourería Xeral da Seguridade Social. < Volver

Este servizo permite achegar documentación, consultar e realizar o seguimento de calquera trámite de rexistro presentado ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas que recibiron un requirimento ou un documento da Tesourería Xeral da Seguridade Social para achegar documentación,  ou ben queiran consultar as solicitudes e documentación de trámites presentados por Rexistro electrónico ante a TGSS e/ou realizar o seguimento.

Que permite realizar

  • Anexar documentación.
  • Consultar de forma inmediata as solicitudes presentadas por Rexistro Electrónico ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    • Permite descargar a documentación presentada, seleccionar un período/n.º de rexistro e/ou tipo de solicitude.
    • Seguimento do estado do trámite.

Hai que ter en conta

Só se poderá achegar documentación relacionada con aqueles trámites abertos a través do Rexistro Electrónico, a nome do interesado.

Se accede con Cl@ve permanente, para garantir un maior nivel de seguridade neste servizo, a validación do acceso complementarase co envío dun código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder acceder. Para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico remitirase un novo código vía SMS.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite de achega recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}