Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
18 de agosto de 2023
Novo servizo: Consulta de recibos emitidos de Convenios Especiais
Este servizo pon a disposición dos responsables do pagamento das cotas de convenios especiais que sexan persoas físicas, ou, se é o caso, os seus apoderados, a posibilidade de consultar os recibos de liquidación mensuais nos que se detalla a información relativa ás cotas de Seguridade Social.
14 de agosto de 2023
Novo Servizo: Consulta de pagamentos realizados a un provedor
A través deste servizo poderá consultar o detalle de pagamentos recibidos da Seguridade Social, así como información sobre as súas facturas asociadas nun período de datas determinado e no ámbito do sistema da Seguridade Social. Detalle do Trámite
28 de xulio de 2023
Novo servizo: Certificados de estar ao corrente coa Seguridade Social e informes de débeda
Este servizo permite obter un certificado de estar ou non ao corrente coa Seguridade Social, así como, no caso de non encontrase ao corrente, os informes que reflicten por un lado o importe total da débeda e por outro a relación dos documentos de débeda que impiden consideralo ao corrente coa Seguridade Social.
28 de xulio de 2023
Este servizo permite a consulta dos certificados de estar ao corrente e informes emitidos sobre unha persoa física ou xurídica.
23 de xuño de 2023
Modificación de rexistro CL@VE. Renovación aos 5 anos do rexistro con nivel alto ou avanzado
Se se rexistrou no sistema Cl@ve de forma presencial nunha oficina fai máis de 5 anos ou o fixo de forma telemática con certificado dixital, non se poderá emitir nin renovar automaticamente o seu certificado de Cl@ve Firma, e polo tanto non o poderá empregar en procesos de sinatura electrónica, mentres non renove o seu rexistro. Para iso deberá volver comparecer en calquera das oficinas de rexistro Cl@ve, ou ben acceder co seu DNI Electrónico (non é válido ningún outro certificado electrónico) ao servizo Renovar o rexistro de nivel alto de Cl@ve Firma con DNI electrónico.
01 de xuño de 2023
Nacemento e Coidado de Menor (como representante)
O servizo “Nacemento e Coidado de Menor como representante” deixa de estar operativo e debe dirixirse ao servizo de “Nacemento e Coidado de menor”, seleccionando a opción de “representante” no despregable que aparece debaixo do botón “obter acceso”.
24 de maio de 2023
Novo servizo: Empresario Colectivo. Asignación de Código Conta de Cotización.
A través deste servizo pódense solicitar tanto os códigos de conta de cotización inicial coma os secundarios.
23 de maio de 2023
Orde ISM/474/2023, do 4 de maio, pola que se regula o funcionamento do Rexistro electrónico
Encóntrase dispoñible en Normativa e Lexislación>Normativa relativa ao Rexistro Electrónico, Orde ISM/474/2023, do 4 de maio, pola que se regula o funcionamento do Rexistro electrónico das entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social adscritos á SESSP que produce efectos dende o 13 de maio de 2021.
12 de maio de 2023
Novo servizo: Certificados festexos taurinos. Alta/Substitucións
Este servizo permite a solicitude de emisión, por Rexistro electrónico, do certificado do festexo taurino, necesario para a celebración do espectáculo, achegando a documentación preceptiva. Tamén permite presentar as substitucións que se poidan producir nos profesionais taurinos que participen no festexo.
10 de abril de 2023
Novo servizo para o exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais
Este servizo permite o exercicio dos dereitos en materia de protección de datos persoais recoñecidos no Regulamento (UE) 2016/679, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e na Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais.