Contenido principal

Novidades

  • 08 de outubro de 2018

    Novo servizo: Informe de datos de cotización RETM

    Este servizo permite solicitar un IDC/CP-100 (Informe Datos Cotización de traballador por Conta Propia) dun período de liquidación, no Réxime Especial dos Traballadores do Mar (RETM).

  • 05 de outubro de 2018

    Novo portal Tarxeta Social Universal

    Ponse en marcha un novo portal chamado Tarxeta Social Universal, onde se poderán consultar as prestacións económicas públicas, xa sexan pensións básicas ou complementarias; contributivas, non contributivas e asistenciais; prestacións temporais como os subsidios por Incapacidade temporal; maternidade; paternidade, risco durante o embarazo e a lactación; prestacións e axudas de pagamento único, en definitiva, toda prestación social ou axuda de contido económico destinada a persoas ou familias.

  • 01 de outubro de 2018

    Novo servizo: Consulta de solicitudes da Tesouraría Xeral da Seguridade Social presentadas por Rexistro Electrónico

    Este servizo permite consultar as solicitudes realizadas á TGSS por Rexistro electrónico así como da documentación presentada e a obtención dunha copia do xustificante do rexistro realizado.

  • 17 de setembro de 2018

    Modificación de datos de apoderado, novo servizo no Rexistro Electrónico de Apoderamentos

    Este servizo permite ao usuario apoderado modificar o nome e apelidos ou a razón social.

  • 16 de decembro de 2016

    Nuevos accesos a servicios de prestaciones para representantes en la Sede electrónica

    Las pesonas que actúen como representantes podrán solicitar, a través de Ciudadanos o Empresas, las pensiones nacionales de jubilación, viudedad, orfandad y auxilio por defunción, así como las prestaciones de maternidad/paternidad

  • 23 de setembro de 2016

    Novos trámites por Rexistro electrónico para Traballadores do Mar

    Segundo o establecido pola Resolución do 15 de setembro de 2016, relativa ao Rexistro electrónico da Seguridade Social publicáronse na Sede en Cidadáns / Réxime Especial do Mar, 17 novos procedementos susceptibles de tramitación a través do rexistro electrónico relativos a solicitudes e comunicacións de prestacións para traballadores do Mar. Así mesmo, modificouse a denominación de 26 procedementos que xa estaban operativos para permitir a súa correcta identificación e a súa distinción con respecto a outros procedementos xestionados por outras entidades da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}