Contenido principal

Novidades

  • 29 de maio de 2019

    Novo servizo: Prestación de incapacidade permanente. Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais (REM)

    Este servizo permite aos traballadores do Réxime Especial do Mar solicitar, por Rexistro electrónico a prestación de incapacidade permanente ao abeiro dos Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral.

  • 21 de maio de 2019

    Resolución do 20 de maio de 2019 relativa ao Rexistro electrónico da Seguridade Social

    Encóntrase dispoñible en Normativa e Lexislación > Normativa relativa ao Rexistro Electrónico, a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se modifican os procedementos administrativos susceptibles de tramitación a través do rexistro electrónico da Secretaría de Estado da Seguridade Social, que surtirá efectos no prazo de sete días hábiles.

  • 29 de abril de 2019

    Novo servizo: Informe de Coeficiente redutor da idade de xubilación do Réxime Especial do Mar

    Xa está dispoñible na Sede Electrónica da Seguridade Social o Informe de Coeficiente redutor da idade de xubilación do Réxime Especial do Mar.

  • 04 de abril de 2019

    Novo servizo Prestación por nacemento e coidado de menor

    Para adaptar os servizos á nova prestación de Prestación por nacemento e coidado de menor, realizáronse algunhas modificacións nos servizos da anterior prestación de maternidade e paternidade. Podes solicitar a nova prestación para os nacementos, adopcións, gardas con fins de adopción ou acollementos producidos a partir do 1 de abril de 2019, tendo en conta as indicacións dadas nos servizos, accedendo dende o novo acceso Prestación por nacemento e coidado de menor.

  • 19 de febreiro de 2019

    Novo servizo: Alta Traballadores REM conta propia

    Encóntrase dispoñible na Sede un novo servizo que permite solicitar a alta como traballador/a por conta propia ou autónomo no Réxime Especial de Traballadores do Mar dentro do sistema da Seguridade Social.

  • 19 de febreiro de 2019

    Novo servizo: Baixa Traballadores do Réxime Especial do Mar por conta propia

    Encóntrase dispoñible na Sede un novo servizo que permite solicitar a baixa como traballador/a por conta propia ou autónomo no Réxime Especial de Traballadores do Mar dentro do sistema da Seguridade Social.

  • 18 de febreiro de 2019

    Remisión certificados empresa (RECEMA) para maternidade e paternidade polo sistema RED para empresas REM

    Está dispoñible para as empresas do REM a remisión dos certificados de empresa para os efectos das prestacións de maternidade e paternidade, a través de RED

  • 13 de febreiro de 2019

    Amplíase o prazo no deferimento do pagamento de cotas de traballadores agrarios por conta allea ata o 14 de febreiro

    A Tesouraría Xeral da Seguridade Social autoriza a diferir o pagamento de cotas aos traballadores agrarios por conta allea durante os períodos de inactividade correspondentes aos meses de xaneiro a abril de 2019, que deberán ingresarse dende o mes de xuño a setembro de 2019. Os requisitos e condicións para o deferimento do pagamento establécense na Resolución do 30 de xaneiro de 2019 (BOE do 2 de febreiro). O prazo de presentación das solicitudes foi ampliado ata o día 14 de febreiro por Resolución do 8 de febreiro de 2019 (BOE do día 9).

  • 14 de decembro de 2018

    Actualización do Rexistro Electrónico da Solicitude para actuar no Sistema RED

    Actualizouse o procedemento de presentación a través de Rexistro Electrónico da Solicitude de autorización para o uso do Sistema RED, non sendo necesario anexar o formulario FR.101. Este servizo está dispoñible en Empresas / RED e en Cidadáns / Outros Procedementos. No apartado “Documentación adxunta” incluíuse unha “Guía para a cubrir a “Solicitude de autorización para o Sistema RED”, a través do Rexistro Electrónico.

  • 14 de novembro de 2018

    Novo servizo: Solicitude de base reducida por pluriactividade RETM

    Este Servizo permite, nas altas iniciais do Réxime Especial dos Traballadores do mar (REM), a anotación da base reducida por encontrarse en “situación de pluriactividade”. Tamén permite levantar a suspensión da base reducida por pasar de novo á devandita “situación de pluriactividade”, sempre que non transcorrese o prazo de duración máxima de 36 meses, contado a partir da primeira anotación inicial de base reducida.

Complementary Content
${loading}