Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
08 de abril de 2022
Novos servizos con Autofirma. Consulta a listaxe de servizos por tipo de sinatura
Proximamente, todos los trámites electrónicos da Seguridade Social iranse adaptando paulatinamente ao sistema de sinatura mediante a aplicación cliente Autofirma, desenvolvido polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación dixital. Consulta os servizos dispoñibles na nosa listaxe.
05 de abril de 2022
Novo servizo: Declaración Anual Ingresos. Asignación Económica por fillo ou menor a cargo
Este servizo ten como obxecto recoller información relativa aos ingresos obtidos polos autónomos no exercicio anterior. Esta información será válida para revisar o mantemento do dereito a seguir percibindo a prestación no presente ano.
14 de marzo de 2022
Novo servizo para traballadores do mar: Certificado Médico de Aptitude e Informe Médico
Este servizo vai dirixido a traballadores do mar que efectuaron un recoñecemento médico de embarque, permite descargar a través do rexistro electrónico o certificado medico de aptitude para o embarque e o informe médico.
08 de marzo de 2022
Consulta os recibos emitidos para o Réxime Especial de Traballadores Autónomos do Mar
Dispoñible un novo servizo que permite a consulta dos recibos que mensualmente se emiten aos traballadores por conta propia do Réxime Especial do Mar, co detalle da cota de Seguridade Social.
16 de febreiro de 2022
Melloras na Sede: Sede como Portal
A Sede transformouse nun portal que che permite autenticarte e manter a túa identificación para acceder aos servizos. Podes acceder dende a cabeceira ou ao entrar nalgún dos servizos.
02 de novembro de 2021
Novo servizo de Autocálculo da Base Reguladora
Mediante este novo servizo en Sede Electrónica, poderase efectuar un cálculo aproximado da contía da base reguladora da futura pensión de xubilación mediante a introdución manual das bases de cotización.
28 de outubro de 2021
Xa ten dispoñible un servizo sen certificado mediante o que pode achegar o documento de identidade (DNI ou TIE) dos seus beneficiarios para a súa incorporación na base de datos de asistencia sanitaria do INSS. Pode presentar o documento de identidade do seu beneficiario aínda cando se trate dun menor de 14 anos e debe presentalo a partir do momento en que é obrigatoria a súa emisión.
20 de outubro de 2021
ISM no teu peto, a app dos traballadores do mar
ISM no teu peto é unha app dirixida ás persoas pertencentes ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, que permite realizar trámites e xestións co Instituto Social da Mariña, dende un dispositivo móbil, en calquera momento, en calquera lugar, dunha forma doada, rápida e segura.
29 de setembro de 2021
Podes consultar a túa información actualizada ao instante e descargar os teus informes de vida laboral e bases de cotización de forma segura, sinxela e cando o necesites. Dispoñerás ademais de avisos personalizados.
14 de setembro de 2021
Determinación de prazos. Resolución Dirección Xeral da TGSS
Unha vez solucionados os problemas técnicos que deron lugar á ampliación de prazos administrativos, para asegurar a correcta atención aos cidadáns, ditouse Resolución da Dirección Xeral do TGSS, concretando o número de días nos que se han de entender ampliados os prazos máximos.