Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
02 de novembro de 2021
Novo servizo de Autocálculo da Base Reguladora
Mediante este novo servizo en Sede Electrónica, poderase efectuar un cálculo aproximado da contía da base reguladora da futura pensión de xubilación mediante a introdución manual das bases de cotización.
28 de outubro de 2021
Xa ten dispoñible un servizo sen certificado mediante o que pode achegar o documento de identidade (DNI ou TIE) dos seus beneficiarios para a súa incorporación na base de datos de asistencia sanitaria do INSS. Pode presentar o documento de identidade do seu beneficiario aínda cando se trate dun menor de 14 anos e debe presentalo a partir do momento en que é obrigatoria a súa emisión.
20 de outubro de 2021
ISM no teu peto, a app dos traballadores do mar
ISM no teu peto é unha app dirixida ás persoas pertencentes ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, que permite realizar trámites e xestións co Instituto Social da Mariña, dende un dispositivo móbil, en calquera momento, en calquera lugar, dunha forma doada, rápida e segura.
29 de setembro de 2021
Podes consultar a túa información actualizada ao instante e descargar os teus informes de vida laboral e bases de cotización de forma segura, sinxela e cando o necesites. Dispoñerás ademais de avisos personalizados.
14 de setembro de 2021
Determinación de prazos. Resolución Dirección Xeral da TGSS
Unha vez solucionados os problemas técnicos que deron lugar á ampliación de prazos administrativos, para asegurar a correcta atención aos cidadáns, ditouse Resolución da Dirección Xeral do TGSS, concretando o número de días nos que se han de entender ampliados os prazos máximos.
14 de setembro de 2021
Determinación de prazos. Resolución Dirección do ISM
Unha vez solucionados os problemas técnicos que deron lugar á ampliación de prazos administrativos, para asegurar a correcta atención aos cidadáns, ditouse Resolución da Dirección do ISM, concretando o número de días nos que se han de entender ampliados os prazos máximos.
09 de setembro de 2021
Determinación de prazos. Resolución Dirección Xeral do INSS
Unha vez solucionados os problemas técnicos que deron lugar á ampliación de prazos administrativos, para asegurar a correcta atención aos cidadáns, o MISSM concretou o número de días nos que se han de entender ampliados os prazos máximos.
25 de agosto de 2021
Ampliación de prazos. Resolución Dirección Xeral do INSS
Debido ao incidente informático que afectou o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (MISSM), a tramitación dalgúns procedementos viuse afectada. Para asegurar unha correcta atención aos cidadáns, o MISSM ampliou os prazos administrativos mentres se resolve a incidencia.
12 de agosto de 2021
Mediante este novo servizo, poderase solicitar por rexistro electrónico a prestación económica por exercicio corresponsable do coidado do lactante. O servizo Prestación por incapacidade temporal (pagamento directo) pasa a denominarse Xestión da prestación de incapacidade temporal.
12 de agosto de 2021
Novo servizo para solicitar a asistencia sanitaria para migrantes en estancia temporal en España
Mediante este novo servizo, poderase solicitar por rexistro electrónico a asistencia sanitaria se é traballador e/ou pensionista, español de orixe, residente no estranxeiro, e vai realizar unha viaxe a España; tanto para vostede coma para os familiares que lle acompañen.