Contenido principal

Novidades

  • 07 de abril de 2020

    COVID-19. Certificados electrónicos caducados dende o 14 de marzo

    Debido ás circunstancias excepcionais derivadas do COVID-19 poderán seguir utilizándose nos servizos da Sede os certificados electrónicos admitidos que caducaron a partir do 14 de marzo de 2020, data de entrada en vigor do estado de alarma. Estamos a realizar as adaptacións técnicas necesarias para facer efectiva esta posibilidade, de forma paulatina, en todos os servizos da Sede. Desculpen as molestias mentres finalizamos esta adaptación.

  • 07 de abril de 2020

    Actualización. Listaxe de servizos con acceso vía SMS

    Actualizouse a listaxe de servizos da Sede con acceso vía SMS. Lembre que neste tipo de acceso xa non necesita cubrir a información relativa ao seu Número de Seguridade Social xa que eliminou o requisito de informar deste dato, manténdose a verificación da identidade con información sinxela, DNI ou NIE e data de nacemento, ademais da introdución dun código enviado ao móbil que facilitase á Seguridade Social.

  • 16 de marzo de 2020

    Medidas Covid-19. A Seguridade Social pecha a atención presencial nas súas oficinas.

    Dende o luns 16 de marzo, as oficinas do INSS, ISM e TGSS non terán servizo de atención ao público. Trátase dunha medida extraordinaria que busca cumprir coas indicacións das autoridades sanitarias. Os cidadáns poderán realizar os trámites máis urxentes a través da Sede Electrónica e do Rexistro Electrónico. A Seguridade Social seguirá traballando para garantir a acción protectora do Sistema e os dereitos dos cidadáns.

  • 12 de marzo de 2020

    Novo servizo Simulador de xubilación por autorizado

    Mediante este servizo unha terceira persoa poderá acceder e utilizar o simulador de xubilación en nome dun interesado, sempre que conte coa súa autorización.

  • 04 de novembro de 2019

    Melloras en “Cita Previa para Pensións e Outras Prestacións”

    Simplifícanse os servizos dispoñibles para a solicitude de cita previa para Pensións e Outras Prestacións.

  • 03 de outubro de 2019

    Novo servizo: Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións (Tesourería Xeral da Seguridade Social)

    Este servizo permite presentar por rexistro electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas á Tesourería Xeral da Seguridade Social cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social.

  • 03 de outubro de 2019

    Novo servizo: Prestación por Nacemento e Coidado de Menor (REM)

    Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación por Nacemento e Coidado de Menor, para gozar do período de descanso laboral correspondente por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento permanente ou temporal superior a un ano.

  • 12 de setembro de 2019

    Novo servizo: Comunicacións Telemáticas

    Este servizo permite que empresas e cidadáns poidan consultar as comunicacións que lles dirixa a Administración da Seguridade Social. Actualmente está dispoñible a Comunicación Vida Laboral de Empresa 2018 emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Este Informe ofrece ás empresas con traballadores en alta no ano 2018 información relevante dos seus datos de afiliación e cotización á Seguridade Social, sempre que presentasen todas as súas liquidacións de cotas nese ano mediante o Sistema de Liquidación Directa.

  • 09 de setembro de 2019

    Novo servizo para empregados públicos: Solicitudes baremadas de concurso

    Este servizo permite a consulta do estado e dos datos relativos ás solicitudes presentadas por un empregado público nun concurso para a provisión de postos de traballo na Administración da Seguridade Social.

  • 20 de xuño de 2019

    Actualización do inventario das Actividades de Tratamento de datos persoais en Seguridade Social- Protección de datos

    De acordo co previsto na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, actualizouse na Sede e na Web da Secretaría de Estado da Seguridade Social un inventario das Actividades de Tratamento de datos persoais.

Complementary Content
${loading}