Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Normativa e Lexislación < Volver

Normativa relativa ao Taboleiro de Anuncios

De conformidade co artigo 132.4 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, a publicación de actos e comunicacións que, por disposición legal ou regulamentaria se deban publicar en taboleiro de anuncios ou edictos poderá ser substituída ou complementada pola súa publicación na sede electrónica do organismo correspondente.

Normativa relativa aos sistemas de identificación e autenticación dos cidadáns

Conforme os artigos 9 e 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos prevense distintas formas de identificación e autenticación dos cidadáns nas súas relacións electrónicas coas administracións públicas, en concreto, os sistemas de sinatura electrónica incorporados ao documento nacional de identidade, os sistemas de sinatura electrónica avanzada incorporados a certificados electrónicos recoñecidos, e outros sistemas de sinatura electrónica, como a utilización de claves concertadas nun rexistro previo como usuario, a achega de información coñecida por ambas as dúas partes ou outros sistemas non criptográficos, nos termos e condicións que en cada caso se determinen por cada administración pública competente.

Pola súa banda, o artigo 129.4 do texto refundido da Lei Xeneral da Seguridade Social, establece que a Administración da Seguridade Social facilitará aos interesados o exercicio dos seus dereitos, a presentación de documentos ou a realización de calquera servizo ou trámite a través dos medios electrónicos dispoñibles na Sede Electrónica da Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións ou a través doutros medios que garantan a verificación da identidade do interesado e a expresión da súa vontade e consentimento, nos termos e condicións que se establezan pola Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións, propósito ao que responde a súa Resolución de 25 de maio de 2021, pola que se habilitan trámites e actuacións a través das canles telefónica e telemática mediante determinados sistemas de identificación e regúlanse aspectos relativos á presentación de solicitudes mediante formularios electrónicos.

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Resolución do 4 de xuño de 2014, do Instituto Nacional da Seguridade Social, pola que se aproban sistemas de identificación e autenticación dos cidadáns para relacionarse electronicamente co Instituto Nacional da Seguridade Social. (PDF, 160 Kb) 29/12/2015
Resolución do 24 de xullo de 2014, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, pola que se aproba o sistema de identificación, autenticación e sinatura electrónica, para relacionarse electronicamente coa TGSS. (PDF, 4078 Kb) 29/12/2015
Resolución do 24 de xullo de 2014, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, pola que se determinan os servizos aos que se poderá acceder polos sistemas de identificación e autenticación. (PDF, 1322 Kb) 29/12/2015
Orde PRE/1838/2014, 8 de outubro, na que se publica Acordo Consello Ministros do 19 setembro apróbase Cl@ve, a plataforma común do Sector Público Admvo. Estatal para identificación, autenticación e sinatura electr. por claves concertadas. (PDF, 183 Kb) 29/12/2015
Resolución do 14 de decembro de 2015, da Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, pola que se establecen as prescricións técnicas necesarias para o desenvolvemento e aplicación do sistema Cl@ve (PDF, 271 Kb) 21/08/2017
Resolución 25-05-2021 SESSP. Habilita trámites y actuaciones a través de los canales telefónico y telemático mediante determinados sistemas de identificación y regula aspectos sobre la presentación solicitudes con formularios electrónicos. (PDF, 233 Kb) 14/06/2021
Procedimientos, trámites y actuaciones accesibles mediante sistemas de identificación previstos en la resolución de 25 de mayo de 2021, de la Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones y protocolo de aplicación (INSS) (PDF, 316 Kb) 02/11/2022

Estado de conformidade

Acorde co artigo 41 do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, os órganos e Entidades de Dereito Público darán publicidade nas correspondentes sedes electrónicas aos estados de conformidade, e aos distintivos de seguridade dos que sexan acredores, obtidos respecto ao cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade.

Información Legal

Normativa relativa á creación das Sedes

De acordo co artigo 5.2 do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro de 2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, a sede electrónica terá accesible o seu instrumento de creación, directamente ou mediante ligazón á súa publicación no «Boletín Oficial do Estado».

Por outro lado, o artigo 4.2 do citado Real Decreto establece que as sedes electrónicas derivadas deberán cumprir os mesmos requisitos que as sedes electrónicas principais, agás no relativo á publicación da orde ou resolución pola que se crea, que se realizará a través da sede da que dependan.

Normativa relativa ao servizo de verificación de sinaturas e certificados

Normativa relativa á Web

O acceso á normativa web realízase a través da seguinte ligazón.

De conformidade co artigo 27 da Lei 39/2015 e o artigo 45 do Real Decreto 1671/2009.

Modelo normalizado de representación

Resolución do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral do INSS, pola que se aproba o modelo normalizado de representación para a realización de trámites a través do Rexistro electrónico da SESS

Normativa relativa á creación dos selos electrónicos

A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, establece no seu artigo 42, que as Administracións Públicas poderán utilizar selos electrónicos de Administración Pública, órgano ou entidade de dereito público, para a súa identificación e a autenticación do exercicio da súa competencia na actuación administrativa automatizada.

Por outra parte, conforme o art. 19 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, a creación de selos electrónicos realizarase mediante resolución da Subsecretaría do Ministerio ou titular do organismo público competente, que se publicará na sede electrónica correspondente e na que deberá constar os contidos mínimos do instrumento da súa creación.

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Resolución do 19 de marzo de 2014, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre creación do selo electrónico da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (PDF, 1726 Kb) 29/12/2015
Resolución da Dirección Xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social para a creación do selo electrónico do Instituto Nacional da Seguridade Social (PDF, 982 Kb) 29/12/2015
Resolución do 22 de xuño de 2011 da Intervención Xeral da Seguridade Social para a creación do selo electrónico da Intervención Xeral da Seguridade Social. (PDF, 647 Kb) 29/12/2015
Resolución de 25 de septiembre de 2020, de la Subsecretaría, por la que se crea el sello electrónico de la Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social. (PDF, 807 Kb) 05/10/2020
Resolución de 6 de octubre de 2020, de la Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social, por la que se regulan las actuaciones administrativas automatizadas a través de sistemas de información de su ámbito de competencias (PDF, 223 Kb) 14/10/2020
Resolución de 8 de octubre de 2020, del Subdirector General de Gestión de Clases Pasivas, por la que se delega la firma en materia de Clases Pasivas y otras prestaciones, indemnizaciones, ayudas y anticipos cuya competencia tenga atribuida. (PDF, 170 Kb) 14/10/2020
Resolución de 2 de julio de 2021, del Instituto Social de la Marina, por la que se crea el sello electrónico del Instituto Social de la Marina. (PDF, 180 Kb) 05/08/2021

Regulación das notificacións e comunicacións por medios electrónicos

A Orde ESS/485/2013 do 26 de marzo, pola que se regulan as notificacións e comunicacións por medios electrónicos no ámbito da Seguridade Social establece os supostos e condicións en que os suxeitos responsables quedan automaticamente obrigados a recibir por medios electrónicos as notificacións e comunicacións que lles dirixa a Administración da Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 5.2.e) do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño.

Normativa relativa ao rexistro electrónico

Conforme os artigos 25.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o texto íntegro da norma de creación do rexistro electrónico deberá estar dispoñible para consulta na sede electrónica de acceso ao rexistro.

Así mesmo, o artigo 25.2 da antedita Lei establece que na sede electrónica de acceso ao rexistro figurará a relación actualizada das solicitudes, escritos e comunicacións así como, se é o caso, a posibilidade de presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.

Normativa relativa ao rexistro electrónico de apoderamentos

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, sobre Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, prevé no seu artigo 5 que Os interesados con capacidade de obrar poderán actuar por medio de representante.

No seu artigo 6 determina que a Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais disporán dun rexistro electrónico xeneral de apoderamentos, no que deberán inscribirse, polo menos, os de carácter xeral outorgados apud acta, presencial ou electronicamente, para actuar ante as Administracións Públicas. Ademais, cada Organismo poderá dispoñer do seu propio rexistro electrónico de apoderamentos onde se inscriban os poderes outorgados para realizar trámites específicos ante eles.

No ámbito específico da Administración da Seguridade Social, a posibilidade de actuar por medio de representante e a necesidade de acreditar a devandita representación, recóllense na disposición no artigo 129 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.

Complementary Content
${loading}