Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
De conformidade co artigo 132.4 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, a publicación de actos e comunicacións que, por disposición legal ou regulamentaria se deban publicar en taboleiro de anuncios ou edictos poderá ser substituída ou complementada pola súa publicación na sede electrónica do organismo correspondente.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Orde ESS/1222/2015, do 22 de xuño, pola que se regula o Taboleiro de anuncios da Seguridade Social. (PDF, 119 Kb) | 29/12/2015 |
Conforme os artigos 9 e 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos prevense distintas formas de identificación e autenticación dos cidadáns nas súas relacións electrónicas coas administracións públicas, en concreto, os sistemas de sinatura electrónica incorporados ao documento nacional de identidade, os sistemas de sinatura electrónica avanzada incorporados a certificados electrónicos recoñecidos, e outros sistemas de sinatura electrónica, como a utilización de claves concertadas nun rexistro previo como usuario, a achega de información coñecida por ambas as dúas partes ou outros sistemas non criptográficos, nos termos e condicións que en cada caso se determinen por cada administración pública competente.
Pola súa banda, o artigo 129.4 do texto refundido da Lei Xeneral da Seguridade Social, establece que a Administración da Seguridade Social facilitará aos interesados o exercicio dos seus dereitos, a presentación de documentos ou a realización de calquera servizo ou trámite a través dos medios electrónicos dispoñibles na Sede Electrónica da Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións ou a través doutros medios que garantan a verificación da identidade do interesado e a expresión da súa vontade e consentimento, nos termos e condicións que se establezan pola Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións, propósito ao que responde a súa Resolución de 25 de maio de 2021, pola que se habilitan trámites e actuacións a través das canles telefónica e telemática mediante determinados sistemas de identificación e regúlanse aspectos relativos á presentación de solicitudes mediante formularios electrónicos.
Acorde co artigo 41 do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, os órganos e Entidades de Dereito Público darán publicidade nas correspondentes sedes electrónicas aos estados de conformidade, e aos distintivos de seguridade dos que sexan acredores, obtidos respecto ao cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Certificado de conformidad ENS-Alta (PDF, 676 Kb) | 20/08/2021 |
Resolución de 21 de junio de 2019, de la Secretaría de Estado de la Seguridad Social, por la que se actualiza la política de seguridad en la utilización de medios electrónicos en la Administración de la Seguridad Social. (PDF, 669 Kb) | 25/07/2019 |
De acordo co artigo 5.2 do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro de 2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, a sede electrónica terá accesible o seu instrumento de creación, directamente ou mediante ligazón á súa publicación no «Boletín Oficial do Estado».
Por outro lado, o artigo 4.2 do citado Real Decreto establece que as sedes electrónicas derivadas deberán cumprir os mesmos requisitos que as sedes electrónicas principais, agás no relativo á publicación da orde ou resolución pola que se crea, que se realizará a través da sede da que dependan.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. (PDF, 257 Kb) | 03/10/2016 |
Orde TIN/1459/2010, do 28 de maio, pola que se crea a Sede Electrónica da Secretaría de Estado da Seguridade Social (PDF, 181 Kb) | 29/12/2015 |
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Resolución do 29 de decembro de 2010, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, sobre creación e xestión de selos electrónicos de actuación administrativa automatizada no ámbito da Seguridade Social. (PDF, 1096 Kb) | 29/12/2015 |
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Artigo 27 da Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento administrativo Común das Administracións Públicas (PDF, 31 Kb) | 17/08/2017 |
Artigo 45 Real decreto 1671/2009 do 6 de novembro polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007 do 22 de xuño de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos públicos. (PDF, 28 Kb) | 29/12/2015 |
Resolución do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral do INSS, pola que se aproba o modelo normalizado de representación para a realización de trámites a través do Rexistro electrónico da SESS
A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, establece no seu artigo 42, que as Administracións Públicas poderán utilizar selos electrónicos de Administración Pública, órgano ou entidade de dereito público, para a súa identificación e a autenticación do exercicio da súa competencia na actuación administrativa automatizada.
Por outra parte, conforme o art. 19 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, a creación de selos electrónicos realizarase mediante resolución da Subsecretaría do Ministerio ou titular do organismo público competente, que se publicará na sede electrónica correspondente e na que deberá constar os contidos mínimos do instrumento da súa creación.
A Orde ESS/485/2013 do 26 de marzo, pola que se regulan as notificacións e comunicacións por medios electrónicos no ámbito da Seguridade Social establece os supostos e condicións en que os suxeitos responsables quedan automaticamente obrigados a recibir por medios electrónicos as notificacións e comunicacións que lles dirixa a Administración da Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 5.2.e) do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño.
Conforme os artigos 25.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o texto íntegro da norma de creación do rexistro electrónico deberá estar dispoñible para consulta na sede electrónica de acceso ao rexistro.
Así mesmo, o artigo 25.2 da antedita Lei establece que na sede electrónica de acceso ao rexistro figurará a relación actualizada das solicitudes, escritos e comunicacións así como, se é o caso, a posibilidade de presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
A Lei 39/2015, do 1 de outubro, sobre Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, prevé no seu artigo 5 que Os interesados con capacidade de obrar poderán actuar por medio de representante.
No seu artigo 6 determina que a Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais disporán dun rexistro electrónico xeneral de apoderamentos, no que deberán inscribirse, polo menos, os de carácter xeral outorgados apud acta, presencial ou electronicamente, para actuar ante as Administracións Públicas. Ademais, cada Organismo poderá dispoñer do seu propio rexistro electrónico de apoderamentos onde se inscriban os poderes outorgados para realizar trámites específicos ante eles.
No ámbito específico da Administración da Seguridade Social, a posibilidade de actuar por medio de representante e a necesidade de acreditar a devandita representación, recóllense na disposición no artigo 129 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Orde ESS/486/2013, do 26 de marzo, pola que se crea e regula o rexistro electrónico de apoderamentos da Seguridade Social para a realización de trámites e actuacións por medios electrónicos. (PDF, 179 Kb) | 05/04/2021 |