Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Simulador de xubilación por autorizado < Volver

Este servizo permite efectuar unha simulación de xubilación doutra persoa, logo de autorización desta.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos que desexen realizar unha simulación de xubilación doutra persoa, logo de autorización desta.

Que permite realizar

Permite obter información sobre a modalidade e contía da pensión que lle corresponde a un cidadán, tendo en conta os seus datos ata o día de hoxe e realizando axustes nos datos sobre a súa situación persoal e laboral ata o día da súa xubilación.

Que necesita para realizalo

O cidadán que outorga autorización de acceso deberá ter rexistrado na Seguridade Social un número de teléfono móbil válido para recibir SMS. De non o ter rexistrado pode facelo nesta Sede electrónica en Comunicación de teléfono e correo electrónico.

A persoa autorizada deberá identificarse a través do sistema Cl@ve ou certificado dixital e indicar o DNI ou NIE do cidadán que outorga a autorización.

A continuación, o sistema enviará vía SMS un código dun só uso ao cidadán que outorga a autorización. Este deberá comunicar o devandito código á persoa autorizada quen, ao introducilo, poderá acceder á plataforma.

A comunicación do código SMS por parte do cidadán á persoa autorizada supoñerá o outorgamento do consentimento para coñecer os seus datos persoais coa finalidade de realizar simulacións da súa pensión de xubilación.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Complementary Content
${loading}