Contenido principal

Cl@ve: xestión de contrasinais < Volver

    Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. O seu obxectivo principal é que o cidadán poida identificarse ante a Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal), sen ter que recordar claves diferentes para acceder aos distintos servizos.

    Trátase dunha plataforma común para a identificación, autenticación e sinatura electrónica, un sistema interoperable e horizontal que evita ás Administracións Públicas ter que implementar e xestionar os seus propios sistemas de identificación e sinatura, e aos cidadáns ter que utilizar métodos de identificación diferentes para relacionarse electronicamente coa Administración.

    O sistema Cl@ve foi aprobado por Acordo do Consello de Ministros, na súa reunión do 19 de setembro de 2014, e as súas condicións de utilización son determinadas pola Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

    No que respecta ás claves concertadas, Cl@ve admite dúas posibilidades de uso:

    • Cl@ve ocasional (Cl@ve PIN): sistema de contrasinal de validez moi limitada no tempo, orientado a usuarios que acceden esporadicamente aos servizos, que se corresponde co sistema PIN24H da AEAT.
    • Cl@ve permanente: sistema de contrasinal de validez duradeira no tempo, pero non ilimitado, orientado a usuarios habituais. Correspóndese co sistema de acceso mediante usuario e contrasinal, reforzado con claves dun só uso por SMS, aos servizos de Seguridade Social. Este sistema será ademais o que permitirá o acceso ao cidadán á sinatura na nube.

    Respecto a esta última modalidade de uso, para que poida establecerse o contrasinal, é necesario que dispoña primeiro dun Código de Activación, para o que é preciso rexistrarse no sistema, ou ben de forma presencial en calquera oficina de rexistro de Cl@ve, ou ben de forma telemática con certificado dixital recoñecido. Neste apartado móstranse os distintos servizos dispoñibles relacionados con Cl@ve permanente para a xestión de contrasinais e a activación ou baixa de usuarios.

    Pode ampliar esta información na páxina oficial de Cl@ve

  • Activación de usuario
  • Esquecemento de contrasinal
  • Cambio de contrasinal
  • Baixa de usuario
Complementary Content
${loading}