Contenido principal

DNI Electrónico < Volver

    Que é o DNI electrónico?

    O documento nacional de identidade electrónico é o documento que acredita física e dixitalmente a identidade persoal do seu titular e permite a sinatura electrónica de documentos.
    A súa principal vantaxe é que, ademais de identificar ao usuario perante terceiros, permite a sinatura electrónica. O novo DNI  achega seguridade, rapidez, comodidade e a inmediata realización de trámites administrativos e comerciais a través de medios telemáticos.   

    Presenta un chip electrónico que contén os mesmos datos que aparecen impresos na tarxeta (datos persoais, fotografía, sinatura dixitalizada, pegada dactilar dixitalizada) xunto cos certificados de autenticación e de sinatura electrónica.

    Os certificados electrónicos recoñecidos incorporados nel terán un período de vixencia de 30 meses. Pasado ese tempo poderase solicitar a expedición de novos certificados recoñecidos mantendo a mesma tarxeta do documento nacional de identidade mentres o devandito documento continúe vixente.

    Mediante o DNI electrónico poderemos garantir a identidade dos interlocutores dunha comunicación telemática xa sexa para intercambio de información, acceso a datos, compra por Internet ou realización de trámites coas entidades financeiras e Administracións Públicas. Ademais permite xestionar mellor o acceso ao espazo de traballo, ao ordenador persoal e á información que conteña.

    Pódese obter máis información sobre o DNI electrónico a través da seguinte páxina pertencente ao Ministerio do Interior: http://www.dnielectronico.es

    Obtención do DNI Electrónico

    O usuario deberá comparecer fisicamente nunha Comisaría de Policía, para a obtención do DNI Electrónico. A través da páxina web do Ministerio do Interior, pode consultarse a oficina máis próxima para a tramitación do documento: http://www.interior.gob.es/

    Deberán achegar a documentación necesaria para a obtención do DNI  electrónico, tal e como aparece no seguinte enderezo: http://www.dnielectronico.es/

    O DNI electrónico expedirase no momento.

    Entidades certificadoras para cidadáns

    • Autoritat de Certificació de la Comunitat Valenciana (ACCV). Permítese o acceso cos certificados emitidos por esta autoridade de certificación para os cidadáns da Comunidade Valenciana.
    • Agència Catalana de Certificació (CATCert). Permítese o acceso cos seguintes certificados persoais de identificación e sinatura electrónica, emitidos polas distintas Entidades de Certificación de CATCert:
      • EC-AL (Entidade de Certificación das Administracións Locais): CPISR-1, CPISR-1 con Cargo, CPISR-1 con Cargo Uso, CPISR-2 con Cargo.
      • EC-SAFP (Entidade de Certificación da Secretaría de Administración e Función Pública): CPISR-1, CPISR-1 con Cargo, CPISR-1 con Cargo Uso, CPISR-2 con Cargo.
      • EC-idCAT (Entidade de Certificación de Cidadáns): |idCAT e idCAT-CEX.
      • EC-PARLAMENT (Entidade de Certificación do Parlament de Catalunya). CPISR-1 con Cargo, CPISR-1 con Cargo e Uso, CPISR-2 con Cargo.
      • EC-UR (Entidade de Certificación de Universidades e Investigación): CPISR-1 con Cargo, CPISR-1 con Cargo e Uso, CPISR-1 con Cargo Estranxeiro, CPISR-2 con Cargo, CPISR-2 de Estudante, CPISR-2 de Estudante Estranxeiro.
      • EC-URV (Entidade de Certificación da Universidade Rovira i Virgili): CPISR-1 con Cargo, CPISR-1 con Cargo Uso, CPISR-1 con Cargo Estranxeiro, CPISR-2 con Cargo, CPISR-2 de Estudante, CPISR-2 de Estudante Estranxeiro.
    • IZENPE. Permítese o acceso cos certificados emitidos por esta Autoridade de certificación aos cidadáns do País Vasco e ao persoal das AAPP Vascas.

    Entidades certificadoras para empresas e profesionais

    • Agencia Notarial de Certificación (ANCERT). Permítese o acceso cos seguintes certificados emitidos por esta Autoridade de certificación:
      • Notariais: Certificados Notariais Persoais e Certificados Notariais Persoais de Representación.
      • Consello Xeral do Notariado: Certificados FEREN e de Empregado.
      • Corporacións de Dereito Público: Certificados Corporativos de Corporacións de Dereito Público.
    • ANF Autoridade de Certificación (ANF AC). Permítese o acceso cos certificados clase 2 de persoa física emitidos por esta autoridade de certificación.
    • Sinatura Profesional. Permítese o acceso cos certificados recoñecidos de colexiado emitidos a persoas físicas por esta autoridade de certificación.
    • Camerfirma. Permítese o acceso cos certificados "AC Camerfirma Certificados Camerales - Pertenza a Entidade" emitidos a persoas físicas por esta Autoridade de Certificación.
    • Banco Español de Crédito S.A. (Banesto). Permítese o acceso cos certificados emitidos a persoas físicas por esta autoridade de certificación.
    • Autoridade de Certificación da Avogacía (ACA). Permítese o acceso cos seguintes certificados emitidos por esta Autoridade de Certificación:
      • Certificados corporativos recoñecidos de colexiado (aqueles emitidos baixo a revisión 05.00 ou superior da súa política de certificación, isto é, certificados emitidos despois do 30/10/2006 18:50)
      • Certificados corporativos recoñecidos de persoal administrativo (aqueles emitidos baixo a revisión 05.00 ou superior da súa política de certificación, isto é, certificados emitidos despois do 30/10/2006 18:50)
    • Autoridade de Certificación HealthSign. Permítese o acceso cos seguintes certificados emitidos por esta Autoridade de Certificación.

    Entidades certificadoras para entes públicos

    • IZENPE. Permítese o acceso cos certificados emitidos por esta Autoridade de certificación aos cidadáns do País Vasco e ao persoal das AAPP Vascas.
    • ACGISS. Entidade de certificación da Xerencia de Informática da Seguridade Social para os empregados que prestan os seus servizos para a Seguridade Social así como para os Organismos que a compoñen
Complementary Content
${loading}