Contenido principal

Certificados emitidos pola Seguridade Social < Volver

    Certificados emitidos pola Autoridade de Certificación da Seguridade Social

    Certificados de Administración Pública - ACGISS

    Para a identificación e actuación automatizada da Seguridade Social, así como para posibilitar a actuación electrónica dos seus empregados públicos, a Autoridade de Certificación da Xerencia de Informática da Seguridade Social (ACGISS), emite certificados electrónicos incluídos no ámbito da Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos.

    Estes certificados emítense unicamente no ámbito interno da Seguridade Social, non estando dirixidos polo tanto, ao público en xeral.

    Os certificados emitidos por ACGISS para a Administración Pública son certificados recoñecidos segundo o establecido na Lei 59/2003 de Sinatura Electrónica e encóntranse inscritos como tales no Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

    Máis información.

    Certificados para os que a Seguridade Social actúa como autoridade de rexistro

    Certificado de Usuario (Clase 2 CA de FNMT-RCM - persoa física)

    Para o acceso dos cidadáns  á maioría d os servizos ofrecidos pola Seguridade Social. Para descargar este certificado, proporcionado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, siga o seguinte procedemento.

    Para obter máis información sobre este certificado, pode consultar as dúbidas máis frecuentes.

    Guía para a obtención do Certificado de Usuario (persoa física).

    Máis información sobre os Certificados de Usuario na páxina web da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.

    Oficinas de rexistro de certificados dixitais

    Listaxe de Oficinas de Rexistro de Certificados Dixitais da Seguridade Social nas distintas Comunidades Autónomas para a obtención dos certificados dixitais, unicamente de persoas físicas.

Complementary Content
${loading}