Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Impugnacións ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social < Volver

A través deste servizo poden descargarse, por Rexistro electrónico, distintos formularios sobre impugnacións administrativas que pode formular contra actos ditados pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas físicas ou xurídicas que vaian presentar, no seu propio nome ou no doutra persoa física ou xurídica, unha impugnación contra un acto da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico sobre algunha das seguintes impugnacións:
    • recurso de alzada,
    • recurso de alzada contra reclamación de débeda,
    • recurso potestativo de reposición,
    • reclamación previa en tercería,
    • outorgamento de representación por comparecencia.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar calquera dos formularios citados anteriormente.
  • Anexar unha copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións destes.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Seguimento da impugnación:

A Tesourería Xeral da Seguridade Social facilitará un número de referencia do expediente. O devandito número irá consignado nun documento que se remitirá por correo ordinario unha vez formulado o recurso e aberto o expediente pola Unidade de Trámite.

Para realizar o seguimento do recurso pode acceder ao servizo Seguimento de impugnacións ante a TGSS.

Para consultar as solicitudes presentadas pode acceder ao servizo:

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}