Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
AVISO IMPORTANTE
Se dispón de certificado electrónico ou cl@ve, por favor utilíceos para acceder a este servizo. Tamén pode, excepcionalmente e mentres se manteñan as medidas de contención do COVID19, presentar escritos, solicitudes e comunicacións a través deste servizo sen identificarse electronicamente. Revise a descrición deste servizo en “Sobre este trámite”. Neste caso o seu escrito non se formalizará no Rexistro Electrónico da Seguridade Social e pode ser necesario que se lle requira para acreditar a súa identidade ou verificar a documentación e datos remitidos.
O Autorizado RED debe presentar as solicitudes das empresas, traballadores autónomos e empregadores de fogar que teña asignados, a través do Sistema RED agás as solicitudes de aprazamentos das cotizacións á Seguridade Social ou a presentación de documentación relativa ás devanditas solicitudes, que deberá realizarse exclusivamente no rexistro electrónico da Seguridade Social a través do servizo de “Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social” ou “Contestar requirimentos ou presentar documentación relacionada cun documento recibido da Seguridade Social” respectivamente. Fóra destes supostos non se tramitarán as solicitudes que presente o Autorizado por canle distinta do Sistema RED.
Este servizo permite presentar por rexistro electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas á Tesourería Xeral da Seguridade Social cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social.
Aos que, en nome propio ou en representación doutra persoa, queiran presentar por rexistro electrónico escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas ao Instituto Nacional de Seguridade Social cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
A provincia de trámite indica a Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social á que vostede quere dirixir a súa documentación.
A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.
Servizo extraordinario por situación de alarma sen certificado (Covid-19):
Se necesita realizar unha solicitude urxente e inaprazable, cubra todos os campos do formulario web:
Recomendacións:
O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.
Se está a utilizar o servizo con certificado dixital ou cl@ve, unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF. Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
No caso de utilizar o servizo sen certificado, non se xera ningún xustificante da súa solicitude ou comunicación, nin a súa solicitude se incorporará ao Rexistro electrónico. Esta comunicación chegará á Dirección Provincial que seleccionase e alí a xestionarán segundo a prioridade que se estableza. Neste caso, pode ser necesario que contactemos con vostede para acreditar a súa identidade, verificar os datos e documentación remitida ou, se é o caso, requirir documentación adicional.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.