Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
A través deste servizo os centros educativos poderán presentar ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social a Relación de alumnos matriculados prevista na Disposición Adicional Terceira do Real decreto 84/1996, do 26 de xaneiro (27-2), segundo a cal “...Os centros de ensino onde se efectúe a matriculación, sexa ordinaria ou extraordinaria, de alumnos incluídos no campo de aplicación do Seguro Escolar facilitarán á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a relación de alumnos matriculados nestes, dentro do mes seguinte ao do peche do respectivo prazo de matrícula, facendo constar o número da Seguridade Social, o número do documento nacional de identidade e o nome e apelidos de cada alumno”.
Centros Educativos.
Presentar a Relación de alumnos matriculados en ficheiro electrónico e, unha vez finalizado o proceso, obter un xustificante de presentación.
Certificado dixital de persoa física ou certificado dixital de representante (persoa xurídica).
O identificador (DNI/NIF) do certificado dixital co que se accede a este servizo debe coincidir co identificador (DNI/NIF) do Centro Escolar do que se quere anexar a relación de alumnos.
Admítense ficheiros con formato tipo texto (tratamento de textos, incluídos ficheiros de extensións .pdf ou .txt) e folla de cálculo, cun tamaño máximo de 20 Mb.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Manual de servizos electrónicos para a xestión do Seguro (PDF, 3656 Kb) | 11/10/2018 |