Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a alta ou continuación da situación de alta ou asimilada no Réxime que corresponda a través da subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social.
Traballadores ou asimilados que causen baixa no Réxime no que figuraban encadrados ou que, sen causala, reúnan determinados requisitos, así como a pensionistas.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Con carácter xeral, a resolución da solicitude notificarase por correo postal con notificación de recibo. Así mesmo, se na base de datos consta o teléfono móbil, ao anotar o movemento de alta enviarase unha mensaxe SMS.
Pode obter información da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social que corresponda.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Solicitude de Alta, Baixa e Variación de datos/ Suspensión / Continuación / Extensión do convenio especial (PDF, 651 Kb) | 29/12/2015 |
Persoas con Discapacidade - Solicitude de alta de recoñecemento de convenio especial para persoas con discapacidade que teñan especiais dificultades de inserción laboral (R.D. 156/2013 do 1 de marzo) (PDF, 631 Kb) | 29/12/2015 |