Contenido principal

Variación de datos do Código de Conta de Cotización < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a variación dos datos que identifican unha empresa inscrita en calquera dos Réximes da Seguridade Social, agás a variación da entidade xestora e/ou colaboradora.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Empresas que teñan que comunicar variación de datos do código conta de cotización.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude TA.7 (se se trata do Sistema Especial para Empregados de Fogar, o TA.6-0138_HOGAR).
  • Anexar os documentos que se detallan nas súas instrucións. Se é o caso, achegarase a documentación que acredite a variación.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación a anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Con carácter xeral, a resolución da solicitude notificarase por correo postal con notificación de recibo.

Pode obter información da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social que corresponda.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}