Contenido principal

Perfil de contratante < Volver

A través deste servizo poderá acceder ás publicacións dos expedientes de contratación do sector público dos órganos de contratación da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Interesados na contratación do sector público.

Que permite realizar

Acceder á Plataforma de Contratación do Sector Público, xestionada pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (organismo do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas), na que se encontran aloxados os perfís de contratante dos órganos de contratación da Seguridade Social.

Na Plataforma de contratación do Sector Público, poderá acceder a diferentes servizos, entre eles os seguintes:

  • Consulta da publicación dos pregos e demais documentación e información dos expedientes de contratación do sector público dos órganos de contratación da Seguridade Social.
  • Consulta da publicación das formalizacións dos contratos do sector público dos órganos de contratación da Seguridade Social incluíndo os datos relativos á empresa adxudicataria, así como ao importe da adxudicación.

Hai que ter en conta

As publicacións que poden ser consultadas teñen a finalidade de cumprir cos requisitos legais que, respecto da publicidade dos contratos, esixe a Lei  de Contratos do Sector Público (texto refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro).

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

  • Certificado
    dixital
  • Usuario +
    Contrasinal
    Usuario +
    Contrasinal (Cl@ve
    permanente)
  • Cl@ve
  • Sen
    certificado
  • Vía SMS
Complementary Content
${loading}