Este servizo permite solicitar, por rexistro electrónico e en representación doutra persoa, o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, tanto para o titular coma para os beneficiarios.
Aos que, en representación doutra persoa, queiran solicitar o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, tanto para o titular coma para os beneficiarios.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
A solicitude foi inicialmente deseñada para a súa presentación en soporte papel ante a Dirección Provincial do INSS, polo que encontrará referencias que non corresponden á vía telemática.
A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude. As observacións só se cubrirán cando non se anexe un formulario de solicitude.
A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres enche a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.
O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria (PDF, 3039 Kb) | 08/04/2019 |
Modelo normalizado de representación (PDF, 1441 Kb) | 03/08/2018 |