Contenido principal

Cambio de base de cotización - autónomos < Volver

A través deste servizo poderá solicitar o incremento ou a modificación da súa base de cotización.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores en situación de alta no Réxime Especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos.

Qué permite realizar

  • Solicitar que mentres estea dado de alta neste Réxime Especial, a súa base de cotización se incremente de xeito automático e anualmente na mesma porcentaxe en que se aumenten as bases máximas de cotización neste Réxime.
  • Modificar a base de cotización no Réxime Especial indicado, única e exclusivamente para o ano natural seguinte a cando se efectúa a petición de cambio.
  • Obter un xustificante da solicitude realizada.

Hai que ter en conta

O prazo durante o cal se pode efectuar o cambio de base de cotización a través deste servizo é o comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril, con efectos do 1 de xullo seguinte, e antes do 1 de novembro, con efectos do 1 de xaneiro do ano seguinte.

Durante o prazo indicado, o traballador autónomo poderá realizar tantas solicitudes como desexe, sendo unicamente a última petición realizada antes do 1 de novembro a que será tomada en conta como base de cotización para o ano natural seguinte.

O servizo permite modificar a base de cotización no Réxime Especial indicado, para o mesmo ano no que se efectúa a petición de cambio, cando o traballador autónomo tivese durante o ano natural anterior as bases máximas permitidas ata o momento.

Poderá elixir calquera base de cotización das comprendidas entre aquela pola que viña cotizando e o límite máximo que lles sexa de aplicación, ata o último día do mes seguinte ao da publicación anual, no Boletín Oficial do Estado, da Orde pola que se desenvolven as normas de cotización á Seguridade Social.

A nova base fará efecto dende o día 1 de xaneiro do ano da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}